Guerra acoirazada
A guerra acoirazada na guerra moderna enténdese como a utilización dos vehículos blindados de combate como un compoñente central dos métodos de guerra.
Apoio
A guerra acoirazada é moi intensa desde o punto de vista mecánico e loxístico, e require un apoio mecánico moi extenso.
Os vehículos de combate acoirazados requiren de vehículos acoirazados capaces de traballar no mesmo terreo para apoialos. Estes están operados polas ramas apropiadas do exército. Por exemplo, no Exército Británico a recuperación e mantemento de vehículos lévaa o REME e os vehículos de combate de enxeñeiros lévanos o RE.
Estes inclúen:
- Vehículos de Recuperación Acoirazada (ARV en inglés). Moitos destes vehículos están baseados no chasis para o vehículo que apoian. Por exemplo o ARV para o tanque do RU Challenger é o casco do Challenger cun winche.
- Vehículos de apoio acoirazados
- Vehículos acoirazados de enxeñeiros de combate Combat Engineering Vehicles (CEV en inglés). Por exemplo, bulldozers.
Futuro
Mentres que o carro de combate foi unha parte integral na guerra acoirazada do pasado, os conflitos recentes puxeron maior énfase na mobilidade, que os carros de combate principais non poden prover. Leva unhas cantas semanas o transferir os tanques e ao seu equipamento de apoio por mar ou aire, e os vehículos aínda requiren un mantemento frecuente.
Véxase tamén
Bibliografía
- Guderian, Heinz (2001). Panzer Leader (en inglés) (Da Capo Press Reissue edition ed.). Nova York: Da Capo Press. ISBN 0-306-81101-4.
- von Mellenthin, Major General F. W. (1971). Panzer Battles: A Study of the Employment of Armor in the Second World War (en inglés) (First Ballantine Books Edition ed.). Nova York: Ballantine Books. ISBN 0-345-24440-0.
- Gen. Donn A. Starry & George F. Hofmann. "Camp Colt to Desert Storm: The History of the U.S. Armored Forces,", (en inglés).
Outros artigos
- Guerra antiga
- Blitzkrieg
- Armas combinadas
- Guerra moderna
- Historia do carro de combate