Gustav Stresemann

Gustav Stresemann
Chanceler de Alemaña
Período14 de agosto de 1923 - 23 de novembro de 1923
AntecesorWilhelm Cuno
SucesorWilhelm Marx
Datos persoais
Nacemento10 de maio de 1878
 Berlín
Falecemento3 de outubro de 1929
 Berlín
OrganizaciónDeutsche Volkspartei, DVP
CónxuxeKäthe Kleefeld[1]
FillosWolfgang Stresemann
Alma máterUniversidade de Leipzig, Universidade de Frederico-Guilherme, Universidade Humboldt de Berlín e Andreas-Gymnasium Berlin
Profesiónpolítico
Na rede
Discogs: 430919 WikiTree: Stresemann-1 Find a Grave: 14642960 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gustav Stresemann, nado en Berlín o 10 de maio de 1878 e finado na mesma cidade o 3 de outubro de 1929[1], foi un político alemán, fundador e dirixente do Partido Popular Alemán, chanceler en 1923 e Ministro de Asuntos Exteriores desde 1923 ata a súa morte.

Traxectoria

Figura ineludible da República de Weimar, permitiu a Alemaña recobrar o peso diplomático e económico perdido trala primeira guerra mundial mediante a posta en práctica dunha política pragmática. Esta política, onde os compromisos tiveron unha importante presenza, non foi unicamente a costa dos intereses alemáns. A cada concesión alemá correspondeu un avance diplomático ou económico. Tras controlar a hiperinflación que ameazaba a existencia mesma de Alemaña, Stresemann encarou outros problemas como a ocupación do Ruhr polos exércitos francés e belga, as reparacións de guerra ou a cuestión fronteiriza latente desde o tratado de Versalles.

A índole pragmática da súa política atraeulle moitos inimigos, sendo abandonado por unha gran parte da clase política coa que Stresemann tivo que lidar. Xunto a Aristide Briand, foi o artífice da aproximación franco-alemá e de numerosos cambios diplomáticos en Europa, o que lles valeu a ambos a concesión do premio Nobel da Paz. Con todo, esta aproximación detívose coa morte de Stresseman, perdendo a República de Weimar a un dos seus últimos defensores.

Referencias

  1. 1,0 1,1 nobelprize.org. "Gustav Stresemann - Biography". 
Chanceler de Alemaña

Segue a:
Wilhelm Cuno
Gustav Stresemann
Precede a:
Wilhelm Marx
Deutsche Volkspartei, DVP