Guy de Maupassant
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Henry-René-Albert-Guy de Maupassant 5 de agosto de 1850 Tourville-sur-Arques, Francia |
Morte | 6 de xullo de 1893 (42 anos) Passy (Terceira República Francesa) |
Causa da morte | Sífilis |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
Datos persoais | |
Residencia | Q124356325 |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Lycée Pierre-Corneille (en) (1868–1869) Q123138282 (1863–1868) Lycée Henri-IV (1859–) |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, teatro e xornalismo |
Ocupación | escritor de contos , novelista , escritor , xornalista , dramaturgo , poeta |
Período de actividade | 1880 - |
Xénero artístico | Novela |
Movemento | Realismo literario |
Profesores | Gustave Flaubert |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Joseph Prunier Guy de Valmont Maufrigneuse |
Lingua | Lingua francesa |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra franco-prusiana |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pai | Gustave de Maupassant (en) |
Premios
| |
Guy de Maupassant, nado en Dieppe o 5 de agosto de 1850 e finado en París o 6 de xullo de 1893, foi un escritor francés con predilección para situacións psicolóxicas e de crítica social con técnica naturalista.
Traxectoria
A pesar de que proviña dunha familia de pequenos aristócratas librepensadores, recibiu unha educación relixiosa; en 1868 provocou a súa expulsión do seminario, onde ingresara aos trece anos, e ao ano seguinte iniciou en París os seus estudos de dereito, interrompidos pola guerra franco-prusiana e que retomou en 1871. En 1879 o seu pai logrou que ingresase no ministerio de Instrución Pública, que pronto abandonou para dedicarse á literatura, por consello do seu grande mestre e amigo Gustave Flaubert. Este introduciuno no círculo de escritores da época, como Émile Zola, Ivan Turgenev, Edmond Goncourt e Henry James.
Alén de novelas e pezas de teatro, Maupassant escribiu 300 contos, sendo todos obras de gran valor. Destacan, entre os mais famosos, Bel Ami, Mademoiselle Fifi e Bóla de sebo. "A Pensión Tellier" e "O Horlá" poden ser considerados os seus contos máis significativos. Faleceu no manicomio aos 39 anos após tentativa de suicidio por perturbacións causadas pola sífilis que o atormentou por máis dunha década.
Foi así mesmo prologuista dalgúns autores contemporáneos seus, como por exemplo Claude Godard d'Aucourt.
Obra
Parte da súa narrativa está traducida ao galego:
- "¿Quen sabe?", en O relato fantástico (Ir Indo, 1995), en tradución de Ricardo Terco.
- Fantasía e Realidade (Ir Indo, 2005)[1], que traduciu María Isabel García Fernández e que contén "O horla," A morta", "Tolo", "O tic", "Aparición", "A man", "A noite (pesadelo)", "Unha vendeta", "A confesión", "O horrible", "A nai dos monstros" e "O adobio"
- Contos[2], en tradución de Antonio Pichel e Emma Lázare[3]
- Bóla de sebo (Boule de suif), en tradución de Emma Lázare Rodríguez[4]. En 2018 Laiovento sacou unha versión lusista deste conto dentro do volume intitulado Bola de sebo e outros contos[5], en tradución de Claudio López Garrido[6].
- Contos da arcea[7] (Contes de la Bécasse et autres), en tradución de Rodrigo Vizcaíno[8]
- "O Horlá" (Le Horla), en tradución de Brenda Maure Noia[9].
- A novela curta O doutor Héraclius Gloss (Le Docteur Héraclius Gloss), en tradución de Marie Abraira (Editorial Hugin e Munin, 2015)[10].
- A compilación Contos do día e da noite[11] (Contes du jour et de la nuit), en tradución de Isabel Soto e publicada en 2013 na Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego[12].
Notas
- ↑ Ficha da obra Arquivado 05 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Por orde de aparición, contén "A tose", "O substituto", "A ferruxe", "Unha aventura parisina", "Marroca", "A casa Tellier", "Mademoiselle Fifi", "A señora Baptiste", "A pequena Roque" e "Santo Antón".
- ↑ Ficha en BIVIR.
- ↑ Ficha en BIVIR.
- ↑ Por orde de aparición, contén os relatos "Bola de sebo", "Em família", A palheireira", "Esse porco de Morin", "No mar", "As jóias", "Um golpe de Estado", "Meu tio Jules", "A confissom de Théodule Sabot", "Condecorado", "O vadio" e "Boitelle".
- ↑ Ficha da obra Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Por orde de aparición, contén os relatos "A arcea", "Ese porco de Morin", "A tola", "Pierrot", "Minueto", "O medo", "Chanza normanda", "As zocas", "A reparadora de cadeiras", "Na mar", "Un normando", "O testamento", "Campesiños", "Un galo cantou", "Un fillo", "Saint-Antoine" e "A aventura de Walter Schnaffs".
- ↑ Ficha en BIVIR.
- ↑ Ficha Arquivado 23 de marzo de 2019 en Wayback Machine. en BIVIR
- ↑ Ficha da obra Arquivado 05 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. na páxina web da editorial.
- ↑ Por orde de aparición, contén os relatos "O crime do tío Boniface", "Rose", "O pai", "O segredo de Céleste", "O colar", "A felicidade", "O vello", "Un covarde", "O borrachón", "Unha vendeta", "Coco", "A man", "O esmoleiro", "Un parricida", "O pequecho", "A rocha dos araos", "Tombouctou", "Unha historia verdadeira", "Adeus!", "Acordanza" e "A confesión".
- ↑ PDF da obra.