H. E. Bates

H. E. Bates
Nacemento16 de maio de 1905
Lugar de nacementoRushden
Falecemento29 de xaneiro de 1974 e 28 de xaneiro de 1974
Lugar de falecementoCanterbury
NacionalidadeReino Unido
Alma máterKettering Grammar School
Ocupaciónescritor, guionista, xornalista, dramaturgo e ensaísta
Coñecido porLove for Lydia
PremiosComandante da Orde do Imperio Británico
Na rede
IMDB: nm0060914 WikiTree: Bates-9540 Find a Grave: 4054 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Herbert Ernest Bates, máis coñecido como H. E. Bates, nado o 16 de maio de 1905 e finado o 29 de xaneiro de 1974, foi un escritor inglés.

Traxectoria

Naceu en Rushden, Northamptonshire, estudou en Kettering. Despois de deixar a escola traballou como xornalista e como mozo de almacén. A maioría dos seus libros inspíranse na vida rural de Northamptonshire.

Aínda que se sabe que escribiu dúas novelas antes, a primeira que publicou foi The Two Sisters (1926). Durante a segunda guerra mundial escribiu para a RAF novelas co alcume literario de Flying Officer X, aínda que a súa mellor novela bélica, Fair Stood the Wind for France (1944), escribiuna co seu propio nome.

Aínda que foi un autor coñecido en vida, o seu grande éxito chegoulle postumanente, coas adaptacións televisivas dos seus libros The Darling Buds of May e as súas secuelas, e My Uncle Silas.

Véxase tamén

Ligazóns externas