HC Neftekhimik Nizhnekamsk
Neftekhimik Nizhnekamsk Нефтехимик Нижнекамск | |
---|---|
Fundación | 1968 |
Cidade | Nizhnekamsk, Tatarstán Rusia |
Estadio | SCC Arena (5.500 espectadores) |
Liga | Kontinental Hockey League |
Conferencia | Leste |
División | Kharlamov |
Campionatos | 0 |
Adestrador | Vladimir Krikunov |
Cores | Azul, azul mariño e branco |
Na rede | |
http://www.hcneftekhimik.ru/ | |
O HC Neftekhimik (en ruso Нефтехимик Нижнекамск, en galego Petroquímicas Nizhnekamsk) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Nizhnekamsk, na República de Tatarstán, un estado federado da Federación Rusa. O equipo está encadrado dentro da División Kharlamov da Kontinental Hockey League.
Historia
O club foi fundado o 23 de outubro de 1968 en Nizhnekamsk pola industria petroquímica. Boris Pavlov foi o primeiro adestrador. En 1968, o equipo inscribiuse no campionato da República de Tatarstán. En 1979 foi subcampión da copa da TASSR. En 1995, gañou a Vysshaya Liga e accedeu á elite do hóckey sobre xeo ruso. No 2008 integrouse nunha nova competición, a Kontinental Hockey League (KHL).
Palmarés
- 1 Vysshaya Liga: 1995
- 1 Tampere Cup: 2002
Xogadores que xogaron na NHL
Véxase tamén
Ligazóns externas