A Hrvatski telekom Premijer liga ou HT Premijer liga, tamén coñecida como Prva hrvatska košarkaška liga, é a máxima categoría do baloncesto en Croacia. Está organizada pola Federación Croata de Baloncesto (en croata: Hrvatski košarkaški savez, HKS). A competición actualmente consta de 12 equipos. O equipo máis laureado da competición é o Cibona Zagreb con 18 campionatos.
Equipos
Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2018−19 da A-1 Liga. Os clubs que participan na ABA Liga (Primeira División da Liga do Adriático) están representados sobre fondo verde e os que participan na ABA Liga 2 (Segunda División da Liga do Adriático) en azul.