Hans von Aachen
Hans von Aachen | |
---|---|
Nacemento | 1552 |
Lugar de nacemento | Colonia |
Falecemento | 4 de marzo de 1615 |
Lugar de falecemento | Praga |
Soterrado | Catedral de San Vito |
Nacionalidade | Alemaña |
Etnia | Pobo alemán |
Ocupación | pintor, portraitist e diplomático |
Cónxuxe | Regina di Lasso |
Coñecido por | The Judgement of Paris |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Hans von Aachen, nado en Colonia en 1552 e finado en Praga o 4 de marzo de 1615, foi un pintor alemán.
Traxectoria
Fillo dunha familia orixinaria de Aquisgrán, comezou como pupilo do pintor flamengo Jerrigh. No 1574 marchou a Italia para perfeccionar os seus estudos en Florencia, Roma e Venecia, desenvolvendo un estilo manierista. De volta en Alemaña no 1588 realiza retratos para a nobreza. Dende 1592 realizou os retratos oficiais de Rodolfo II en Praga.
Autor de pinturas de temas bíblicos e mitolóxicos, as súas obras están expostas no Ermitage (San Petersburgo), no Museo Pau Getty (Os Ánxeles), na Galería Nacional de Londres, Galería Nacional de Praga e outros museos en Alemaña e os Estados Unidos.
Galería de imaxes
-
Baco, Ceres e Cupido
163 x 113 cm Óleo sobre tea, Kunsthistorisches Museum, Viena.
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |