Heterodontos

Ameixa rubia (Venerupis rhomboides)
Berberecho (Cerastoderma edule)

Os heterodontos (Heterodonta, Neumayr 1884) son unha subclase de moluscos da clase Bivalvos (Bivalvia) que comprende as ameixas e os berberechos.

A denominación reflicte o feito de teren os dentes da charnela desiguais, carácter que serve para diferenciar as especies.

Clasificación taxonómica

Segundo o WORMS divídese en dúas infraclases e cinco ordes:

  • Archiheterondonta
    • Orde Carditoida
  • Euheterodonta
    • Orde Anomalodesmata (ou Pholamyoidea)
    • Orde Lucinoida
    • Orde Myoida (ameixas típicas)
    • Orde Veneroida (berberechos)

Véxase tamén

Ligazóns externas