Himation
O himation (en grego antigo: ἱμάτιον, himátion) foi unha vestimenta da Antiga Grecia.[1]
Era un manto amplo, rectangular e envolvente, que se levaba sobre o propio corpo ou, máis habitualmente, encima dun quitón.
Envolvíase ou enrolábase sobre un ombro e non contaba cunha atadura ou fixación, a diferenza da clámide.
Cando o himation se levaba só (sen quitón), servía tanto como quitón e como manto, e se chamaba aquiton (ἀχίτων).[2]
En Roma
Ao final da República romana o himation era o manto habitual dos romanos, xa que era máis práctico que a pesada e voluminosa toga, e lle deron o nome de palio.
O himation continuou usándose na época bizantina, sobre todo como vestimenta iconográfica de Cristo e outras figuras bíblicas, aínda que parece que aínda se usaba na vida real, sobre todo por homes maiores cun status relativamente baixo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Mireille M. Lee: (2010): "Clothing", en Michael Gagarin, ed. The Oxford Encyclopedia of Ancient Greece and Rome. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1951-7072-6.