Hina Rabbani Khar

Hina Rabbani Khar
Nacemento19 de novembro de 1977
Lugar de nacementoMultan
NacionalidadePaquistán
RelixiónIslam
Alma máterLahore University of Management Sciences e Universidade de Massachusetts Amherst
Ocupacióndiplomática, política, emprendedora, economista e participante do fórum internacional
PaiGhulam Noor Rabbani Khar
CónxuxeFiroze Gulzar
IrmánsRaza Rabbani Khar
editar datos en Wikidata ]

Hina Rabbani Khar (urdú: حنا ربانی کھر , کھر‎) nada en Multán o 19 de novembro de 1977, é unha política paquistaní.[1]

Traxectoria

Estudou Empresariais na Universidade de Lahore de Ciencias da Administración e na Universidade de Massachusetts Amherst[1] antes de ingresar na política como membro da Asemblea Nacional en 2002, representando á liga Musulmá de Paquistán (Q) e converténdose en ministra subalterna responsable da política económica baixo o primeiro ministro Shaukat Aziz. En 2009, tras cambiar de partido e gañar a reelección co Partido do Pobo Paquistaní, foi nomeada viceministra de finanzas e asuntos económicos e ese mesmo ano converteuse na primeira muller en presentar o orzamento ante a Asemblea Nacional.[2][3]

Foi designada polo primeiro ministro Yousaf Raza Gillani como Ministra de Asuntos Exteriores de Paquistán en xullo de 2011, e ocupou o cargo até pouco antes das eleccións de 2013, cando se retirou da política activa.[4] Con 33 anos de idade no momento de asumir a dirección do ministerio de exteriores, foi a persoa máis nova e a primeira muller no cargo.[5] Continúa sendo membro do Partido do Pobo Paquistaní e é oradora sobre política exterior.[6][7]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Hina Rabbari Khar". Ministry of Foreign Affairs. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 1 de outubro de 2015. 
  2. "District Profile: Southern Punjab- Muzaffargarh". Karachi. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 15 de setembro de 2012. 
  3. M Ilyas Khan (21 de xullo de 2011). "Will Pakistan's first woman foreign minister make a difference?". Consultado o 15 de setembro de 2012. 
  4. "Hina Rabbani Khar not to run for another stint in National Assembly - The Express Tribune" (en inglés). 
  5. Dawn.com (25 de xuño de 2012). "Hina Rabbani Khar". 
  6. "Reaffirming loyalties: Hina Rabbani Khar is not joining PTI, says Ghulam Rabbani - The Express Tribune" (en inglés). 
  7. "'Pakistan's national identity is to hate others': Hina Rabbani Khar, please tell us something new - Firstpost" (en inglés). 28 de xuño de 2016.