Hispania Citerior
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Conxunto arqueolóxico de Tarraco | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 197 a. C. | |||
Disolución | 27 a. C. | |||
Sucedido por | Tarraconense | |||
A Hispania Citerior foi unha provincia creada no ano 197 a.C. pola República Romana nos seus terreos conquistados na Península Ibérica, entón coñecida como Hispania.
A Hispania Ulterior estaba localizada no sueste, en tanto que a Hispania Citerior estaba no leste, na zona máis próxima a Roma. No norte da península, o territorio entre os Pireneos e a Galia só serían conquistados no tempo dos Césares. Na provincia da Hispania Citerior existían as cidades de Tarraco (Tarragona), Saguntum (Sagunt ao norte de Valencia) e Carthago Nova (Cartaxena) todas na costa, e Ilerda (Lleida) no interior da península.
No ano -27 Augusto mudou o nome da Hispania Citerior a Hispania Tarraconensis ou abreviadamente Tarraconensis, converténdoa, xuntamente coas outras, nunha provincia imperial.
Véxase tamén
Outros artigos
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |