Hulk (banda deseñada)
Hulk | |
---|---|
Información editorial | |
Editorial | Marvel Comics |
Primeira aparición | The Incredible Hulk #1, maio de 1962 |
Creadores | Stan Lee, Jack Kirby |
Biografía ficticia | |
Nome completo | Bruce Banner |
Alter ego | Hulk |
Orixe | Estados Unidos de América |
Equipos | Avengers, Defenders, Fantastic Four, Heroes For Hire |
Compañeiros | Rick Jones |
Familia | Brian Banner (pai, falecido), Rebeca Banner (nai, falecida), Jennifer Walters (curmá), Betty Banner Ross (esposa), Xeneral Ross (sogro), Caiera (esposa falecida), Skaar (fillo), Lyra (filla) |
Outros alias | Captain Universe, Joe Fixit, Mr. Fixit, Mechano, Professor Bruce Bancroft, David Banner, David Bixby, Bob Danner, Bruce Jones, Bruce Roberts, David Blaine, Green Scar, Bob, World-Breaker, Sakaarson |
Habilidades e poderes | Habilidades físicas sobrehumanas. |
Hulk é un personaxe ficticio do Universo Marvel de Marvel Comics. Foi creado por Stan Lee e Jack Kirby, e apareceu por vez primeira en The Incredible Hulk #1 en maio de 1962.
Hulk é o alter ego emocional e impulsivo do Doutor Bruce Banner, un físico tímido e reservado. Aparece pouco despois de que Banner exponse de xeito accidental á radiación dunha bomba gamma inventada por el. Logo diso Banner transfórmase involuntariamente en Hulk, un monstro humanoide xigante e violento, o que lle traerá a Banner a ter unha morea de complicacións persoais. Stan Lee ten dito que a idea de Hulk está inspirada por unha mestura do Dr. Jekyll e Mr. Hyde e Frankenstein ou o moderno Prometeo.
Aínda que a cor de Hulk ten variado a través dos anos, a maioría das veces é verde. Cando se transforma en Hulk, Banner é quen de alcanzar moita forza física, que medra coa ira do personaxe. As emocións fortes como a ira ou terror favorecen e provocan a transformación de Banner en Hulk. O argumento típico das historias é o exército dos Estados Unidos perseguindo a Banner por toda a destrución que causa Hulk.
Hulk foi levado ao cinema e á televisión. Entre elas, destaca a serie de televisión onde Bill Bixby como o Doutor Banner e Lou Ferrigno como Hulk. Tamén apareceu no cinema baixo a dirección de Ang Lee (Hulk, 2003) e Louis Leterrier (The Incredible Hulk, 2008), e tamén aparecerá no vindeiro filme de The Avengers.