III milenio a. C.

Cuarto milenio a. C. · Terceiro milenio a. C. · Segundo milenio a. C.
Séc. XXX a. C.  · Séc. XXIX a. C.  · Séc. XXVIII a. C.  · Séc. XXVII a. C.  · Séc. XXVI a. C.
Séc. XXV a. C.  · Séc. XXIV a. C.  · Séc. XXIII a. C.  · Séc. XXII a. C.  · Séc. XXI a. C.

O terceiro milenio antes de Cristo comezou o 1 de xaneiro do 3000 a. C. e terminou o 31 de decembro do 2001 a. C.

Tableta de arxila sumeria con escritura cuneiforme de finais do III milenio a. C. A innovación da escritura é de tal magnitude para o desenvolvemento da civilización que se identifica coa Historia mesma.

Fitos

  • Imhotep, visir, médico, astrólogo e arquitecto do faraón Zoser, constrúe (c. 2650 a. C.) a pirámide de chanzos de Saqqara, a primeira «gran pirámide» do mundo.
  • Finalización da primeira fase do Stonehenge monumento megalítico de Inglaterra.
  • Comeza a civilización minoica en Creta; desenvolverase entre os anos 3000 e 1200 a. C. Os seus primeiros palacios foron construídos ao final do Minoico Inicial neste III milenio a. C.
  • A estatua O escriba sentado foi esculpida entre os anos 2480 e 2350 a. C., nunha época en que Exipto estaban no cumio da súa gloria e xa se abandonara a construción de grandes pirámides.
  • Os primeiros cultivos da uva (vitis vinifera) ocorreron na idade de bronce en lugares próximos ao Oriente Próximo, Sumeria e Antigo Exipto.[1]

Notas

  1. Verango, Dan (29-05-2006). usatoday, ed. "White wine turns up in King Tutankhamen's tomb". USA Today (en inglés). Consultado o 16 de xuño do 2015.