Igrexa de Alexandre de Tampere
Igrexa de Alexandre de Tampere | |
---|---|
A igrexa de Alexandre. | |
Datos xerais | |
País | Finlandia |
Rexión | Pirkanmaa |
Tipo | Igrexa |
Localización | Kaakinmaa, Tampere |
Coordenadas | 61°29′50″N 23°44′57″L / 61.49722, -23.74917 |
Culto | |
Culto | Igrexa evanxélica luterana de Finlandia |
Diocese | Diocese de Tampere |
Arquitectura | |
Construción | 1880-1881 |
Arquitectos | Theodor Decker |
Estilo | Neogótico |
Páxina web | tampereenseurakunnat.fi |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Alexandre (en finés Aleksanterin kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no centro da cidade, no barrio de Kaakinmaa, nunha beira de Hämeenpuisto. Foi deseñada por Theodor Decker e construída en ladrillo entre 1880 e 1881. Leva o seu nome en honor ao emperador Alexandre II.