Igrexa de Garde
Igrexa de Garde | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
País | ![]() |
Rexión | Gotland ![]() |
Localización | Garde |
Coordenadas | 57°19′02″N 18°34′56″L / 57.31717, 18.58232 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Garde (sueco: Garde kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Garde, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia
Durante unha escavación realizada en 1968 atopáronse restos dunha stavkirke anterior no lugar onde se atopa a igrexa actual. Na veciñanza tamén se atoparon tumbas cristiás da época viquinga, que aínda contiñan as roupas dos defuntos.[1] Varias pedras pintadas, de antes da época cristiá, tamén se atoparon na igrexa, sendo usadas como material de construción polos primeiros traballadores.[2]
A primeira igrexa de pedra comezouse na década de 1130,[1] e aínda quedan restos dela conservados na nave, incluídos uns poucos bancos de pedra tallados aínda en uso, e a base da torre. A torre foi ampliada durante o século XIII ata acadar a súa actual altura. O coro é a parte máis recente da igrexa, sendo construído no segundo cuarto do século XIV substituíndo a un anterior con ábsida de estilo románico. A construción do novo coro planeouse como primeiro paso dunha gran reconstrución do edificio; porén, por algunha razón, semella que os construtores quedaron sen fondos e o resto do plan nunca se executou (de aí a forma pouco común da igrexa). Un destino semellante é bastante común en moitas das igrexas de Gotland, xa que a rexión pasou por unha recesión económica a finais da Idade Media.[3]
Arquitectura
A igrexa mantén gran parte do aspecto das primeiras igrexas de Gotland; é bastante escura, as fiestras son pequenas, o teito é chan e de madeira, e os portais son estreiros.[1][4] Un dos elementos que máis destacan do seu interior son varios frescos nas súas paredes. Estes representan a dous santos e probablemente foron executados por un artista ruso[3][4] (posiblemente de Staraja Ladoga)[1] xa que son de estilo ruso-bizantino. A igrexa ten tamén unha pía bautismal realizada polo escultor anónimo Byzantios a mediados do século XII, e unha cruz triunfal feita no século XIII. O retablo é de estilo barroco e realizado por artistas locais.[3]
Galería de imaxes
-
Vista dende o norte
-
Frescos
-
Pía bautismal
-
Portal sur do coro
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det Medeltida Gotland. En arkeologisk guidebok. Lund. pp. 199–201. ISBN 978-91-85873-83-8.
- ↑ Guteinfo (ed.). "Garde kyrka". Consultado o 21 de abril de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 148–149. ISBN 9129410355.
- ↑ 4,0 4,1 Jonsson, Marita; Lindquist, Sven-Olof (1987). Gotlands fornsal, ed. Vägen till kulturen på Gotland. Visby. pp. 165–166. ISBN 91-971048-1-7.