Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia

Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia
Historia
Fundación1920
Goberno
PatriarcaCirilo I
MetropolitaNicolao Olkhovski
Demografía e cultura
Ritos litúrxicosBizantino
Outros datos
Páxina webwww.russianorthodoxchurch.ws

A Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia (en ruso: Русская Православная Церковь Заграницей, Russkaia Pravoslavnaia Tserkov Zagranitsei, inglés: Russian Orthodox Church Outside of Russia) é unha parte semiautónoma da Igrexa ortodoxa rusa, formada como resposta ás políticas bolxeviques relativas á relixión pouco despois da revolución rusa de 1917. Ten arredor de 400.000 fieis.[1]

Logo de décadas de separación, restaurou o vínculo canónico coa sinatura dunha acta de comuñón co patriarcado de Moscova o 17 de maio de 2007. Dende entón, o primado da Igrexa é o patriarca de Moscova.

Estrutura

A Igrexa organízase nas seguintes dioceses:

  • Diocese ortodoxa rusa de América oriental e Nova York
  • Diocese ortodoxa rusa de Australia e Nova Zelandia
  • Diocese ortodoxa rusa de Berlín e Alemaña
  • Diocese ortodoxa rusa de Caracas e América do Sur
  • Diocese ortodoxa rusa de Chicago e América central
  • Diocese ortodoxa rusa de Gran Bretaña e Europa occidental
  • Diocese ortodoxa rusa de Montreal e o Canadá
  • Diocese ortodoxa rusa de San Francisco e América occidental

Notas

  1. Holley, David (17 de maio de 2007). "Russian Orthodox Church ends 80-year split". chron.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2007. Consultado o 02/10/2025. The Russian Orthodox Church Outside of Russia has more than 400 parishes worldwide, with an estimated membership of more than 400,000 people. 

Véxase tamén

Ligazóns externas