Localización da illa Rowett, no norte do arquipélago.
A Illa Rowett é unha pequena illa rochosa de 0.8 km de lonxitude, localizada ao sur do Cabo Lookout situado na veciña Illa Elefante, no arquipélago das Illas Shetland do Sur na Antártida. O lugar xa era coñecido polos cazadores de focasestadounidenses e británicos desde 1822 aínda que foi ao chegar unha expedición británica dirixida por Ernest Shackleton na tempada 1921-1922 cando recibiu o seu actual nome, por mor de John Quiller Rowett [1], quen financiaba a expedición. A illa caracterízase polas súas fragosas pendentes e pola presenza de varios picoutos irregulares [2].