Illa Waiheke
Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Nova Zelandia ![]() | |||
Situado na entidade xeográfica | Nova Zelandia ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Rexión de Auckland, Nova Zelandia ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Golfo de Hauraki (pt) ![]() ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 231 m ![]() | |||
Dimensións | 9,65 (![]() ![]() | |||
Punto máis alto | Maunganui (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Superficie | 92 km² ![]() | |||
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/28/Coromandel.arp.375pix.jpg/250px-Coromandel.arp.375pix.jpg)
A illa Waiheke atópase situada no golfo de Hauraki, a 35 minutos de viaxe por transbordador ata Auckland, en Nova Zelandia.
A illa mide 19,3 km de longo, de leste para oeste, variando o seu ancho entre 0,64 km ata 9,65 km. A súa superficie total é de 92 km².
Ten costas por unha extensión de 133,5 km, que inclúen 40 km de praias. Dentro do golfo de Hauraki, é a segunda illa máis grande, logo da illa Gran Barreira, sendo a máis popular e accesible contando con transbordadors regulares e servizos aéreos.
O porto de Matiatia, situado no extremo oeste da illa está a 17,7 km de Auckland e o extremo leste está a 21,4 km da península de Coromandel.
A illa Waiheke ten unha gran cantidade de outeiros con algunhas partes baixas. O punto máis alto está en Maunganui a 231 metros.
O clima é en xeral máis cálido que Auckland con menos humidade e choivas e máis horas con luz de día. Ten unha poboación permanente de 7.000 habitantes aproximadamente.