Illa Herbosa
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Illa Herbosa (homónimos).
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Parque Nacional das Illas Atlánticas | |||
Localización | ||||
División administrativa | Aguiño, España | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Superficie | 1,6 ha | |||
A Illa Herbosa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao Nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,1 quilómetros desa illa. Ten 1,6 hectáreas de superficie e está formada por enormes penas graníticas que deixan un escaso espazo para unhas pequenas manchas de vexetación herbácea. Lugar de cría de aves mariñas, especialmente gaivota patiamarela. Abundan os lagartos (que alcanzan dimensións considerables) e as ratas. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.