Illas Babar
Illas Babar | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | |
País | Indonesia |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Molucas |
Linguas | |
Poboación (2009) | 5.000 hab. aprox. |
Superficie | 820 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 7°55′S 129°45′L / -7.917, -129.750 |
Maior Altura | 750 m. |
Localización | |
As illas Babar son un arquipélago das Illas menores da Sonda, en Indonesia.
Xeografía
As illas Babar forman parte das Molucas e atópanse preto de 2000 quilómetros ao nordés de Iacarta, no mar de Banda a uns 500 km ao sur da illa principal de Ambón e uns 500 km ao norte de Australia. As coordenadas xeográficas son 7 ° 55 'S e 129 ° 45' E
O arquipélago ten unha superficie de aproximadamente 820 km². Inclúe 6 grandes illas, a maior é Babar, cun diámetro de pouco mais de 30 km. e unha altitude máxima de 750 m. a illa está cuberta en gran parte pola selva tropical, e é de orixe volcánico.
As illas máis grandes son:
- Babar, a illa principal, duns 32 km de diámetro,
- Dai
- Dawelor
- Dawera
- Masela
- Wetan
As illas Babar teñen uns 5.000 habitantes, dividida en dous distritos Babar North e Babar Southeast ten algunhas aldeas dispersas ao longo da costa.
Entre decembro e abril a choiva é tan abundante que o millo, bananas, mandioca e o arroz vermello crecen abundantemente, sen rego.
Historia
As illas Babar foron habitadas por melanesios probablemente xa ao redor do 1500 aC. Ao redor de 1623 fíxose cargo da área a Vereena Oostindische Compagnie (Compañía Holandesa das Indias Orientais).
Os Países Baixos mantiveron o control sobre as illas, fóra dun breve tempo durante a segunda guerra mundial, cando a zona foi ocupada polo Xapón, ata a independencia de Indonesia 1949.