Imprecación
A imprecación ou imprecatio é unha figura retórica de pensamento coa que se piden males para os demais. Con ela enfatízase a emoción do discurso e exprésase ira, indignación ou desprezo. A miúdo se salienta a relación da imprecación coa traxedia, pero esta figura non está limitada a este xénero.
Exemplos
- De Cantigas de escarnio e maldecir (1968), de Celso Emilio Ferreiro:
- Escoita, puto nefando
- criado na servidume:
- non pasará o contrabando
- dise teu noxento estrume.
- Grotesco escriba sandeu
- inxertado nun raposo:
- Castelao nunca foi teu
- porque Castelao é noso.