Instrumento óptico

Microscopio óptico composto de 1751.

Un instrumento óptico é un instrumento que serve para formar unha imaxe dun obxecto, mellorándoa para a súa visualización, ou para analizar as ondas de luz para determinar as súas propiedades características.

Xeralmente está constituído pola asociación de varios sistemas ópticos (por exemplo, obxectivo e ocular).

Os primeiros instrumentos ópticos foron os telescopios, utilizados para a magnificación de imaxes de obxectos moi distantes, e os microscopios, utilizados para magnificar imaxes de obxectos moi pequenos. Desde os días de Galileo e van Leeuwenhoek, estes instrumentos foron moi mellorados e se estenderon a outros rangos do espectro electromagnético.

De maneira máis xeral, chámase instrumento óptico calquera instrumento que utiliza a óptica no seu funcionamento.

Tipos de instrumentos ópticos

Segundo o tipo de imaxe formada, os instrumentos ópticos poden clasificarse en dous grupos:

  • Cando se necesita a presenza do ollo humano para observar a imaxe do obxecto, os instrumentos ópticos denomínanse subxectivos, por exemplo, a lupa ou microscopio simple, o microscopio óptico, o telescopio, o periscopio etc., que dan unha imaxe virtual grazas a un ocular.
  • Cando os instrumentos ópticos non necesitan a presenza do ollo humano, a contrario, denomínanse obxectivos, por exemplo, os proxectores (de cine, de diapositivas, retroproxectores etc.), as cámaras fotográficas (tradicionais, ou de película, ou dixitais), de cinematográficas, as webcams etc., que dan unha imaxe real, é dicir, que se pode recoller nun soporte (pantalla, placa fotográfica, negativo, memoria dixital etc.).

O ollo é un instrumento óptico que forma unha imaxe real dos obxectos na retina.

Segundo as finalidades do seu uso, os instrumentos ópticos poden clasificarse así mesmo en dous grupos:

  • Algúns son principalmente de observación, como a lupa, os microscopios ópticos etc.
  • Outros son de medida, como os instrumentos xeodésicos: o telémetro, o teodolito, o goniómetro etc.
Véxase tamén: Instrumento de medida.

Outros instrumentos ópticos

Outra clase de instrumentos ópticos son os utilizados para analizar as propiedades da luz ou de materiais ópticos. Entre eles se inclúen:

E outros.

Véxase tamén