Intradorso
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e4/Arch_illustration.svg/200px-Arch_illustration.svg.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Santa_Comba_de_Bande_arco_herradura2.jpg/220px-Santa_Comba_de_Bande_arco_herradura2.jpg)
O intradorso[1] (do latín intra, dentro e dorsum, dorso), é un termo arquitectónico que designa á superficie interior, cóncava e inferior dun arco, bóveda ou doela, ou a cara dunha doela que corresponde a esta superficie.
En termos de aeronaútica pode referirse á parte inferior dunha á.
Contraponse coa voz extradorso.
Notas
- ↑ Nome galego en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
Véxase tamén
Outros artigos