Ioió

Un ioió[1] é un xoguete formado por dous pequenos discos redondos de igual tamaño unidos por un eixo, no que se enrola un cordel. O obxectivo do xogo é subir e baixar o disco mediante brincadeiras. Aparellos similares existiron en diversas culturas pero o xoguete moderno provén de Filipinas baseado nun artefacto empregado na caza. En 1929 un empresario norteamericano de orixe filipina comezou a produci-lo xoguete en cantidade e comezou a facerse popular entre os nenos norteamericanos.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ioió.