Iuri Lonchakov
Iuri Valentinovich Lonchakov, nado en Balkhash (Kazakhstán) o 4 de marzo de 1965, é un astronauta ruso que formou parte das misións STS-100, Soiuz TMA-1, Soiuz TMA-13 e Soiuz TM-34 e foi membro da Expedición 18 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
Lonchakov graduouse na Escola de Pilotos da Forza Aérea en Orenburg en 1986 e en 1998 graduose como piloto e enxeñeiro pola Academia Zhukovski da Forza Aérea.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta en decembro de 1997, participando nas misións STS-100, Soiuz TMA-1, Soiuz TMA-13 e Soiuz TM-34 e sendo membro da Expedición 18 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 200,78 días no espazo.[1][2]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Lonchakov, Yuri Valentinovich" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (24 de setembro de 2008). "Preflight Interview: Yury Lonchakov" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2021. Consultado o 27 de agosto de 2020.
Véxase tamén
Outros artigos
- STS-100
- Soiuz TMA-1
- Soiuz TMA-13
- Soiuz TM-34
- Expedición 18
- Estación Espacial Internacional