Iván Mazepa

Iván Mazepa
Nacemento20 de marzo de 1639
Lugar de nacementoBila Tserkva e Mazepintsi
Falecemento21 de setembro de 1709 e 1709
Lugar de falecementoTighina e Varnița
SoterradoGalați
NacionalidadeRepública das Dúas Nacións e Tsarato ruso
EtniaPobo ruteno
RelixiónCristianismo ortodoxo e Cristianismo ortodoxo
Alma máterAcademia Mohyla de Kiev
Ocupacióndiplomático e político
PaiAdam-Stefan Mazepa
NaiMariya Mazepa
CónxuxeHanna Polovets II
PremiosOrde da Aguia Branca e Ordem de Santo André
editar datos en Wikidata ]

Iván Stepanovich Mazepa (en ucraíno Іван Степанович Мазепа), nado o 20 de marzo de 1639 e finado o 2 de outubro de 1709 e Bender Moldavia, cidade daquela do Imperio Otomán, e coñecido como Iván Mazepa, foi un hetman cosaco.

Traxectoria

Retrato de Iván Mazepa.

Mazepa foi o atamán do Hetmanato cosaco, desde 1697 a 1708, reducido daquela á beira esquerda de Ucraína.

Tivo un importante papel na batalla de Poltava, ao desertar do exército do tsar Pedro I, cando coñeceu a intención deste de substituílo por Alexandre Menxikov, e pasarse ás tropas do rei Carlos XII de Suecia, co que fuxiu a Bender tras a derrota na batalla.

Por este motivo a Igrexa ortodoxa rusa lanzou un anatema contra del e, ao longo da posterior historia de Rusia e da Unión Soviética, simbolizou o arquetipo da traizón.[1]

Billete ucraino de 10 grivnias.

Porén, os ucraínos considérano un heroe nacional, sendo rehabilitado desde a independencia de Ucraína, e a súa efixie represéntase nos billetes de 10 grivnias.

Mazepa na cultura

Mazepa é o protagonista de Mazepa (título orixinal en ruso, Мазепа), ópera en tres actos e seis escenas con música de Piotr Ilich Tchaikovski e libreto en ruso de Víktor Burenin sobre o poema Poltava de Alexander Pushkin.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.