Sarah Lawrence College e Palisades Charter High School
Pai
Gerald W. Abrams
Nai
Carol Ann Abrams
Cónxuxe(s)
Katie McGrath
Fillos
Henry Abrams e Gracie Abrams
Profesión
director de cinema, produtor de cinema, produtor de televisión, guionista, actor de televisión, actor de cinema, compositor, actor, escritor, director de televisión, produtor, compositor de bandas sonoras, produtor delegado e showrunner
Criouse nos Ánxeles (California), onde estudou no Palisades Charter High School. Máis tarde asistiría a Sarah Lawrence College.[1]
Realizou o guión e produciu varias longametraxes antes de ser o cocreador da serie de televisión Felicity. Tamén creou Alias e cocreou Lost, pola que gañou dous Premios Emmy, Fringe e Undercovers. Abrams diririu os filmes Mission: Impossible III (2006), Star Trek (2009) e Star Trek Into Darkness (2013) e Super 8 (2011) e produciu os filmes Cloverfield (2008) e Morning Glory (2010). Tamén dirixiu, produciu e coescribiu o sétimo episodio da saga Star Wars e a primeira película da triloxía secuela, Star Wars: The Force Awakens (2015). A película é a súa película máis taquillera, así como a cuarta película máis taquillera de todos os tempos sen axustar a inflación. Volveu a Star Wars producindo executivamente The Last Jedi (2017), e dirixindo e coescribindo Star Wars: The Rise of Skywalker (2019).[2]
Os colaboradores frecuentes de Abrams inclúen o produtor Bryan Burk, o produtor/director Tommy Gormley, os actores Greg Grunberg, Simon Pegg, Amanda Foreman, e Keri Russell, o compositor Michael Giacchino, os escritores Alex Kurtzman e Roberto Orci, os directores de fotografía Daniel Mindel e Larry Fong, e os editores Maryann Brandon e Mary Jo Markey.
Filmografía
Taking Care of Business (1990) (guionista)
Regarding Henry (1991) (guionista, coprodutor)
Forever Young (1992) (guionista, produtor executivo)
Diabolique (1996) (actor: Camarógrafo #2, como Jeffrey Abrams)