Jacob Elordi

Jacob Elordi
Nacemento26 de xuño de 1997
LugarBrisbane
NacionalidadeAustralia
Educado enSt Kevin's College e St Joseph's College, Nudgee
Profesiónactor, actor de cinema e actor de televisión
Na rede
IMDB: nm8624059 Filmaffinity: 591681367 Allocine: 838641 Rottentomatoes: celebrity/jacob_elordi Allmovie: p878433 Metacritic: person/jacob-elordi
Twitter: IAmJacobElordi Instagram: jacobelordi Youtube: UCKy3LLlSsfnXFbB9euzw7Lw Souncloud: jacob-elordi Last fm: jacobelordi Genius: jacob-elordi Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jacob Elordi, nado en Brisbane, Queensland, o 26 de xuño de 1997, é un actor australiano coñecido polos seus papeis na triloxía de películas The Kissing Booth e na serie de HBO, Euphoria.[1][2][3]

Traxectoria

Jacob naceu en Brisbane (Australia) o 26 de xuño de 1997. É fillo de John e Melissa Elordi, de ascendencia vasca, e ten tres irmás máis vellas.[4] Estudou educación secundaria en St. Kevin s College de Melbourne e despois foi ao Nudgee College de Brisbane. Amosou interese polo teatro desde moi novo e participou en moitas obras de teatro escolar.

Elordi tivo a súa primeira experiencia en Hollywood na película Pirates of the Caribbean: Dead Men Tell No Tales como extra.[5] Tivo o seu primeiro papel na película australiana Swinging Safari no 2018 e interpretou o papel de Rooster. Tamén tivo un protagónico papel na película romántica de Netflix The Kissing Booth, onde protagoniza a Noah Flynn, que se estreou en maio de 2018. E seguiu The Kissing Booth 2 que se rodou a mediados de ano do 2019 en Cidade do Cabo e estreouse en xullo de 2020. A película The Kissing Booth 3 estreouse o 11 de agosto de 2021.

En 2019, protagonizou o filme de terror The Mortuary Collection, e actuou na serie de televisión de Euphoria como Nate Jacobs.

Filmografía

Películas

Ano Título Personaxe Notas
2018 The Kissing Booth Noah Flynn
Swinging Safari Rooster
2019 The Mortuary Collection Jake
2020 The Kissing Booth 2 Noah Flynn
2 Hearts Chris
The Very Excellent Mr. Dundee Chase Hogan
2021 The Kissing Booth 3 Noah Flynn
2022 Deep Water Charlie De Lisle
2023 The Sweet East Ian
He Went That Way Bobby Falls
Saltburn Felix Catton
Priscilla Elvis Presley

Televisión

Ano Título Rol
2019 The Bend Lucas Jackson
2019-presente Euphoria Nate Jacobs

Notas

  1. "Jacob Elordi: 21 facts about the Kissing Booth star you probably didn’t know" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  2. Rodriguez, Victoria (5 de xullo de 2018). "“The Kissing Booth”’s Jacob Elordi Will Star In a New Movie With This "Riverdale" Actor!". v (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  3. "'Euphoria's' Jacob Elordi on Tackling Toxic Masculinity and That Locker Room Scene" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  4. "Jacob Elordi, el actor de «Euphoria» que reniega de su pasado español: «Desciendo de vascos»" (en castelán). 3 de agosto de 2020. Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  5. "Learn about Jacob Elordi" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

Ligazóns externas