Jake Gyllenhaal

Jake Gyllenhaal
Nome completoJacob Benjamin Gyllenhaal
Nacemento19 de decembro de 1980
LugarOs Ánxeles
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaSuecos
Relixiónxudaísmo e cristianismo
Educado enUniversidade de Columbia, Harvard-Westlake School, The Center for Early Education e Young Actors Space
PaiStephen Gyllenhaal
NaiNaomi Foner Gyllenhaal
Profesiónactor de cinema, actor de teatro, actor de televisión e actor de dobraxe
Na rede
http://www.jakegyllenhaal.com
IMDB: nm0350453 Allocine: 31683 Rottentomatoes: celebrity/jake_gyllenhaal Allmovie: p29408 TCM: 78535 Metacritic: person/jake-gyllenhaal TV.com: people/jake-gyllenhaal IBDB: 497495
Instagram: jakegyllenhaal Musicbrainz: 99d145d6-0280-4e84-98a3-5c07c9286077 Discogs: 3999358 WikiTree: Gyllenhaal-1 Genius: Jake-gyllenhaal Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jacob Benjamin "Jake" Gyllenhaal, nado nos Ánxeles (California) o 19 de decembro de 1980, é un actor estadounidense. Foi nomeado ós Premios Óscar e ó British Academy of Film and Television Arts.

Traxectoria

Fillo do director sueco Stephen Gyllenhaal e a guionista Naomi Foner, comezou a actuar con 11 anos nun filme do seu pai.

Os papeis máis exitosos de Gyllenhaal comezaron no 1999 con October Sky película na que se conta a historia real duns amigos que viven nunha pequena vila dos Estados Unidos na década de 1950 e que tras observar o lanzamento dun foguete por parte dos rusos deciden construír os seus propios trebellos. En 2001 con Donnie Darko, no que aparece xunto á súa irmá Maggie Gyllenhaal e no cal facía o papel dun esquizofrénico. No 2002 protagonizou O neno burbulla, aínda que este filme non tivo grande éxito comparado cos dous anteriores. En 2004 protagoniza The Day After Tomorrow, no que facía dun estudante atrapado nunha catástrofe natural provocada polo quentamento global. O ano seguinte realizou o papel cume na súa carreira o cal o levou a gañar varios premios entre o que se atopa o premio da Academia BAFTA como mellor actor secundario no seu papel como vaqueiro homosexual no filme Brokeback Mountain, no cal traballou xunto con Heath Ledger. Este filme baséase na novela de Annie Proulx. Nese mesmo ano protagoniza a película Jarhead xunto co seu cuñado, Peter Sarsgaard, onde se mete no papel dun marine que viaxa a Iraq para loitar contra as tropas de Sadam Hussein.

Filmografía

Ano Filme Papel Notas
1991 City Slickers Danny Robbins
1993 Josh and S.A.M. Leon
A Dangerous Woman Edward como Jacob Gyllenhaal
1998 Homegrown Jake/Blue Kahan
1999 October Sky Homer Hickam Jr.
2001 Donnie Darko Donald J. "Donnie" Darko
Bubble Boy Jimmy Livingston
Lovely & Amazing Jordan
2002 Highway Piloto Kelson
Moonlight Mile Joe Nast
The Good Girl Thomas 'Holden' Worther
2003 Abby Singer Himself (Cameo)
2004 The Day After Tomorrow Sam Hall
2005 Brokeback Mountain Jack Twist
Jarhead Anthony Swofford ("Swoff")
Proof Harold 'Hal' Dobbs
2007 Zodiac Robert Graysmith
Rendition Douglas Freeman
2009 Brothers Tommy Cahill
Nailed Howard Birdwell
2010 Prince of Persia: The Sands of Time Príncipe Dastan
Love and Other Drugs
2011 Source Code Colter Stevens
2012 End of Watch Bryan Taylor
2013 Prisoners[1] Detective Loki
2014 Enemy

NightCrawler

Everest

Adam Bell / Anthony Clair

Lou

Notas

  1. "'Prisoners', starring Hugh Jackman and Jake Gyllenhaal, begins filming in Atlanta in January". On Location Vacations. 11 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2012. Consultado o 9 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén