James D. G. Dunn
Nome orixinal | (en) James Dunn |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de outubro de 1939 Birmingham, Reino Unido |
Morte | 26 de xuño de 2020 (80 anos) Chichester, Reino Unido (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | Metodismo |
Educación | Universidade de Cambridge Universidade de Glasgow Clare College |
Actividade | |
Ocupación | teólogo , profesor universitario , New Testament scholar (en) |
Empregador | Universidade de Durham (pt) |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios |
James D. G. Dunn, nado en Birmingham o 21 de outubro de 1939 e finado o 26 de xuño de 2020, foi un historiador inglés, especialista no estudo do cristianismo primitivo e do Xesús de Nazaret histórico de tradición anglicana.
Traxectoria
Catedrático pola Universidade de Durham está vinculado tamén ás Universidades de Glasgow e Cambridge. Tiveron especial relevancia as súas publicacións sobre Paulo de Tarso. Ten publicado unha monumental obra sobre o que denominou o Xesús recordado. Dunn trata de cubrir a lagoa deixada pola investigación histórica que, consonte a súa opinión, non tirou as consecuencias axeitadas de que a transmisión da memoria de Xesús por parte dos que o coñeceron tivo que ser inicialmente oral. Só así se pode descubrir adecuadamente o impacto causado pola figura histórica de Xesús entre os primeiramente chamados ao discipulado. Sobre estas premisas é como se pode reelaborar máis científica e coherentemente a visión da figura histórica de Xesús, a súa misión e os seus efectos.
Obra
- The evidence for Jesus (1985)
- Jesus Remembered (2003)
- Unity and diversity in tha New Testament: An Inquiry into the Character of Erliest Christianity (2006)
- The New persective on Paul (2007)
- Beginning from Jesusalem (2009)