Jane Colden
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de marzo de 1724 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 10 de marzo de 1766 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | trastorno puerperal ![]() |
Residencia | Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | botánica ![]() |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Colden ![]() |
Familia | |
Pais | Cadwallader Colden ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Forgotten Women: The Scientists, (p.53-55) ![]() |
![]() |
Jane Colden, nada o 27 de marzo de 1724 en Coldenghan (Nova York) e finada o 10 de marzo de 1766, foi unha botánica norteamericana.[1]
Traxectoria
Foi a segunda de dez irmáns fillos dun médico escocés que tamén se adicou á política. Tras recibir unha educación esmerada da man da súa nai e logo do su pai, chegou a ser un dos botánicos máis famosos da época. Estudou a clasificación de Linneo, que o seu pai traducira do latín ó inglés, e descubriu e clasificou gran número de plantas de Nova Inglaterra, particularmente do val do río Hudson. Fíxoo de xeito autónomo, pois embarcarse soa nunha expedición con homes non estaba ó alcance das mulleres naquel entón, se ben parece evidente que tivo enxeño para obter a colaboración doutras persoas, amigos e coñecidos.
Mantivo correspondencia con botánicos como John e William Bartram nas colonias americanas, e Alexander Garden, John Ellis, e outros, en Inglaterra, o que lle permitiu estar ó tanto da actualidade no campo da botánica. Detallou un catálogo ('Botanic Manuscript') con máis de 400 especies de plantas locais que se conserva na actualidade na British Library, e descubriu a gardenia e un tipo de rubideira, aínda que non se lle atribúen normalmente ó seren tamén descubertas de xeito independente por homes nas mesmas datas.
Alexander Garden eloxiou oO seu traballo como 'extremamente preciso'.
Vida persoal
Casou ós 35 anos co médico Willian Farquhar, e a partir de entón abandonou a botánica. Morreu tras dar a luz a un pequeno que tamén morreu.
Notas
- ↑ "America's First Female Botanist". Science Talk Archive (en inglés). 2014-03-05. Consultado o 2021-12-16.
Véxase tamén
Bibliografía
- Tsjeng, Zing (2020). Mujeres olvidadas: las científicas. Madrid: Oberon. ISBN 978-84-415-4214-3.
Outros artigos
- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Ligazóns externas
- Cuando la botánica se decía femenina no blog Mujeres con ciencia