Janusz Korczak

Janusz Korczak
Nome completoHenryk Goldszmit The Third
AlcumeStary Doktor, Pan Doktor e Janusz Korczak
Nacemento22 de xullo de 1878
Lugar de nacementoVarsovia
Falecemento7 de agosto de 1942
Lugar de falecementoTreblinka
NacionalidadeImperio Ruso e Segunda República Polonesa
EtniaPobo xudeu
Relixiónxudaísmo
Alma máterUniversidade de Varsovia, Imperial University of Warsaw e Flying University
Ocupaciónpedagogo, pediatra, escritor de literatura infantil, guionista, escritor, mestre e médico
PaiJózef Goldszmit
NaiCecylia Gębicka
Coñecido porHow to Love a Child, King Matt the First, Little King Matty...and the Desert Island e Kaytek the Wizard
PremiosPrêmio da Paz do Comércio Livreiro Alemão, Premio de ouro da Academia de Polonia, Orde da Aguia Branca, Silver Cross of Merit, Commander of the Order of Polonia Restituta e Officer of the Order of Polonia Restituta
Na rede
http://pskorczak.org.pl
IMDB: nm0466091 Allocine: 199742
Find a Grave: 15068704 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Janusz Korczak, sobrenome literario de Henryk Goldszmit, nado en Varsovia o 22 de xullo de 1878,ou 1879, e finado en Treblinka o 7 de agosto de 1942, foi un pedagogo e escritor xudeu-polaco, coñecido como Pan Doktor ("señor doutor") ou Stary Doktor ("vello doutor").[1] Durante moitos anos director dun orfanato en Varsovia, rexeitou salvarse e quedou cos seus orfos cando enviaron desde o gueto de Varsovia a todos os internados na institución ao campo de exterminio de Treblinka durante a grossaktion de Varsovia en 1942.[2]

Traxectoria

Janusz Korczak cos nenos do orfanato na década de 1920

Seu pai era Józef Goldszmit, un respectado avogado procedente dunha familia de partidarios do haskalá e Cecylia (Gębicka), filla dunha prominente familia kalisz[3] Nos últimos anos da súa vida volveuse agnóstico que non cría en forzar a relixión nos nenos[4]. Seu pai enfermou contra 1890 e ingresou nun hospital mental onde morreu seis anos máis tarde o 25 de abril de 1896[5]. Cando a súa situación financeira familiar empeorou, Henryk, aínda mentres ía ao instituto empezou a traballar como titor doutros alumnos[6]. En 1896 publicou o seu primeiro texto literario, un texto satírico sobre a crianza de nenos, Węzeł gordyjski.

O orfanato na rúa Krochmalna onde Korczak traballou e viviu, no faiado que quedou destruído durante a II de Guerra Mundial e non se reconstruíu
O orfanato de Korczak, aínda en funcionamento na rúa Jaktorowska
Derradeiro número de Mały Przegląd, 1 de setembro de 1939
Certificado de Korczak para a inscrición obrigatoria de médicos ordenado polas autoridades de ocupación alemás en Varsovia en 1940
Edificio Państwowa Szkołun Handlowa Męska im. J. i M. Roeslerów, sede do orfanato Dom Sierot entre novembro de 1940 e outubro de 1941 no gueto de Varsovia
Janusz Korczak e os nenos, monumento conmemorativo en Yad Vashem
Monumento a Korczak en Varsovia
Pedra conmemorativa en Treblinka

En 1898 utilizou o pseudónimo de Janusz Korczak para se presentar a un concurso literario, procedía do libro O Janaszu Korczaku i pięknej Miecznikównie de Józef Ignacy Kraszewski.[7] Na década de 1890 estudou na denominada universidade móbil e máis adiante, durante os anos 1898–1904, medicina na Universidade de Varsovia[8]; nesa época xa escribía para varios xornais de lingua polaca. Despois da graduación e tras estoupar a Guerra ruso-xaponesa en 1905–1906 serviu como médico militar nun tren sanitario no Extremo Oriente [9]. Despois da guerra traballou como pediatra, entre 1906 a 1912 no Hospital Infantil Bersohns e Baumans en Varsovia e asemade mantiña unha consulta particular. Mentres grazas ao seu libro Dziecko salonu (1901) gañaba certo recoñecemento literario. En 1907–1908 Korczak estudou en Berlín, Mentres traballaba para a Sociedade de Orfos coñeceu en 1909 a Stefania Wilczyńska, coa que se asociaría despois. En 1911–1912 converteuse en director de Dom Sierot en Varsovia, o orfanato que el mesmo deseñara para nenos xudeus.[10] Contratou a Wilczyńska como a súa axudante. Alí formou unha especie de república para nenos co seu propio parlamento e tribunal. Parte das súas experiencias recolleunas no libro Fragmenty Utworów.

Durante primeira guerra mundial serviu en Ucraína como doutor militar co rango de tenente, e de novo no exército polaco co rango de maior durante a guerra polaco-soviética, tras un breve período en Łódź asignárono a Varsovia. Como oficial de reserva estivo no 1º Batallón sanitario en 1923-24.

Polonia soberana

En 1926 Korczak logrou que os nenos do Dom Sierot tiveran o seu propio periódico, o Mały Przegląd, un suplemento semanal do xornal xudeu-polaco Nasz Przegląd. Nestes anos, o novelista Igor Newerly traballou como o seu secretario.

A partir de 1935 [11] tivo o seu propio programa de radio, onde promoveu e popularizou os dereitos de nenos. En 1933 recibiu a cruz de prata de Polonia Restituta. Entre 1934–36 viaxou anualmente a Palestina e coñeceu o sistema de kibbutz, recibindo algúns comentarios antisemitas na prensa polaca. Non obstante, rexeitou establecerse en Palestina mesmo cando Wilczyńska marchou vivir alí en 1938, así e todo volveu a Polonia en maio de 1939, retornando ao seu posto de directora.[12]

O Holocausto

En 1939 ao empezar a segunda guerra mundial, Korczak ofreceuse voluntariamente ao exército polaco mais rexeitárono por mor da súa idade. Presenciou a entrada da Wehrmacht en Varsovia. Cando os alemáns crearon o gueto de Varsovia en 1940, o seu orfanato tivo que se mover ao seu interior, e Korczaf foi con el.

O 5,ou 6, de agosto de 1942, os soldados alemáns levaron os 192 orfos (outras fontes afirman que eran 196), e ao persoal para o campo de exterminio de Treblinka. Żegota organización clandestina de axuda aos xudeus, ofreceulle axuda para deixar o gueto mais Korczak insistiu en que iría cos nenos e non os deixaría á súa sorte. Tras subir os trens nunca máis se soubo dos nenos nin de Korczak.

Obra

As obras máis coñecidas de Korczak son as de ficción e as pedagóxicas. Escribiu ficción tanto para adultos como para nenos. A súa obra abrangue vinte libros, arredor de 1.400 textos publicados en nunhas 100 publicacións, e 300 textos manuscritos ou mecanografiados.

Libros infantís

Korczak con frecuencia empregou os contos de fadas para preparar os seus lectores novos para os dilemas e dificultades da vida de adulto, e a necesidade de tomar decisións responsables.

En Król Maciuś Pierwszy (1923) e na súa secuela Król Maciuś na wyspie bezludnej Korczak describiu un príncipe neno que asume o; trono pola morte repentina de seu pai, e que ten que aprender das súas múltiples equivocacións.

Libros pedagóxicos

Nos seus traballos pedagóxicos comparte moitas das súa experiencias con nenos difíciles. As súas ideas desenvoléronas despois por moitos outros pedagogos como Simon Soloveychik ou Erich Dauzenroth.

Libros

Ficción

  • Dzieci ulicy, Varsovia 1901
  • Koszałki opałki, Varsovia 1905
  • Dziecko salonu, Varsovia 1906, parcialmente autobiográfico
  • Mośki, Joski i Srule, Varsovia 1910
  • Józki, Jaśki i Franki, Varsovia 1911
  • Sława, Varsovia 1913
  • Bobo , Varsovia 1914
  • Król Maciuś Pierwszy, Varsovia 1923
  • Król Maciuś na wyspie bezludnej, Varsovia 1923
  • Bankructwo małego Dżeka, Varsovia 1924
  • Kiedy znów będę mały, Varsovia 1925
  • Senat szaleńców, humoreska ponura (obra de teatro, a estrea foi no' teatro Ateneum de Varsovia, 1931
  • Kajtuś czarodziej, Varsovia 1935
  • Momenty wychowawcze, Varsovia, 1919, 2.ª edición 1924
  • ak kochać dziecko, Varsovia 1919, 2.ª edición 1920 co título Jak kochać dzieci
  • Prawo dziecka szacunku, Varsovia, 1929
  • Pedagogika żartobliwa, Varsovia, 1939

Outros libros

  • Pamiętnik, Varsovia, 1958
  • Fragmenty Utworów

Notas

  1. "Jewish Doctor Janusz Korczak Died With 190 Children at Treblinka Court: Changes Date of Death for Orphanage Director". JTA. 30 de marzo 2015. 
  2. Sandra Joseph, Institute of Education in London (Xullo-Agosto 2002). "POLE APART - the life and work of Janusz Korczak". Young Minds Magazine 59. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 31 de xullo de 2017. 
  3. Barbara Smolińska–Theiss (2012). "Janusz Korczak – zarys portretu". Rok Janusza Korczaka. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 27 de xaneiro de 2012. 
  4. Chris Mullen (7 de marzo de 1983). "Korczak's Children: Flawed Faces in a Warsaw Ghetto". The Heights. p. 24. Consultado o 25 de agosto de 2013. 
  5. Janusz Korczak; Aleksander Lewin (1996). Sława: Opowiadania (1898-1914). p. 38. ISBN 978-83-85449-35-5. 
  6. Joanna Cieśla (15 de xaneiro de 2012). "Henryk zwany Januszem. Janusz Korczak - pedagog rewolucjonista". S.P. Polityka. Historia. 
  7. Józef Ignacy Kraszewsk (2012). "Moja Biblioteczka". Historia o Janaszu Korczaku i o pięknej Miecznikównie. LubimyCzytać.pl. ]
  8. "Polskie Stowarzyszenie im. Janusza Korczaka". www.pskorczak.org.pl. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2016. 
  9. Janusz Korczak: Dzieła Tom 3. Wolumin 2. Na mównicy. Publicystyka społeczna (1898–1912). Warszawa: Oficyna Wydawnicza Latona, 1994, pp. 134–143.
  10. Hanna Mortkowicz-Olczakowa (1960). "Goldszmit Henryk", in Polski Słownik Biograficzny, T. VIII. P. 214.
  11. Maciej Józef Kwiatkowski: Tu Polskie Radio Warszawa… Warszawa: Państwowy Instytut Wydawniczy, 1980, p. 199. ISBN 83-06-00190-7.
  12. Agnieszka Litwiniuk (29 de marzo de 2012). "Stefania Wilczyńska". Sylwetki warszawskich Żydówek. Warszefroj, Centrum Kultury Jidysz (Yidish Centre). Consultado o 14 de decembro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas