Jason Statham, nado o 26 de xullo de 1967[1][2][3][4][5][6] en Shirebrook, Derbyshire, é un actor inglés, produtor, experto en artes marciais, e ex mergullador. É coñecido polos seus papeis de cine policial do director Guy Ritchie Lock, Stock and Two Smoking Barrels (1998), Snatch, cochos e diamantes (2000), e Revolver (2005). Tamén apareceu en películas como a triloxía do suspense de acción Transporter (2002-08), o filme de suspense The Italian Job (2003), a comedia de humor negro/filme de acción Crank (2006), o filme de acción War (2007), que coprotagonizou Jet Li, o suspense de acción e ciencia ficción Death Race (2008), o filme The Bank Job (2008), e a serie de comedias de acción Os Mercenarios (2010-14). Polo xeral leva a cabo as súas propias escenas de loita e escenas de acción,[7] caracterízase por estar encasillado como un antiheroe.
↑"Director riding high – lock, stock and barrels". The Atlanta Journal and The Atlanta Constitution. 7 de marzo de 1999. Consultado o 16 de novembro de 2010. For "Lock, Stock," Ritchie hired several nonprofessionals for the cast, including Statham, 31, who spent five years selling stuff on the streets.
↑Born July–September 1967, according to the Births, Marriages & Deaths Index of England & Wales, 1916–2005.
↑Whitty, Stephen (30 de xaneiro de 2011). "To baldly go where no mane's grown before". The Star-Ledger News. Consultado o 21 de febreiro de 2011. "It’s funny," the 43-year-old says with a tight grin. "They never ask me to play lawyers." ...