Jaume Aragall

Modelo:BiografíaJaume Aragall

(1997) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Jaume Aragall i Garriga Editar o valor en Wikidata
6 de xuño de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio Superior de Música do Liceo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0032717 Allmovie: p2035
BNE: XX1046099 Musicbrainz: ba035096-ed3c-47b7-b812-5ae78ba77db5 Discogs: 1260698 Allmusic: mn0000065765 Editar o valor en Wikidata

Jaume Aragall Garriga, nado en Barcelona o 6 de xuño de 1939, é un tenor español.

Iniciou os seus estudos musicais en Barcelona xunto a Jaime Francisco Puig. Máis tarde mudouse a Milán grazas a unha bolsa concedida polo Gran Teatro do Liceo de Barcelona. Alí estudou xunto a Vladimir Badiali.

En 1963 gañou o concurso de voces verdianas de Busseto, e nese mesmo ano debutou en Italia, no Teatro de La Fenice de Venecia coa ópera Gerusalemme de Giuseppe Verdi. Na Scala de Milán debutou con L'amico Fritz de Mascagni. En xaneiro de 1964 interpretou o papel de Rodolfo en La Bohème.

Nas seguintes tempadas cantou no Liceu, así como na Ópera Estatal Húngara, La Fenice de Xénova, no Teatro Massimo de Palermo, o Teatro Regio de Parma, en Módena, Nápoles, Roma e Turín.

En 1966 interpretou o papel de Romeo na ópera de Vincenzo Bellini I Capuleti e i Montecchi na Scala xunto a Renata Scotto e o mozo Luciano Pavarotti. Foi este o que anos despois, nunha entrevista, dixo del que era "a voz máis fermosa do século XX".

Aragall actuou nos teatros máis importantes do mundo, interpretando as óperas máis coñecidas. O seu repertorio inclúe tamén algunhas obras menos populares como Esclarmonde de Jules Massenet ou Caterina Cornaro de Gaetano Donizetti, que gravou xunto a Montserrat Caballé.

Recibiu numerosos premios e distincións, como o título de Kammersänger da Wiener Staatsoper, a Cruz de Sant Jordi (1984) e a Medalla de Oro da Generalitat de Cataluña en 1997.

Primeiros anos

Placa commemorativa na casa paterna, colocada en 2005[1]

Jaume Aragall naceu no número 30, do Passeig del Born, no barrio de Sant Pere, Santa Caterina i la Ribera, no Distrito de Ciutat Vella de Barcelona. Moi preto da Basílica de Santa Maria del Mar.

Fillo de familia traballadora, o seu pai traballaba como mozo de carga no veciño Mercado Central do Born, a súa nai era ama de casa. Ámbolos dous eran moi afeccionados á música[2]. O propio Aragal di que o seu pai tiña unha fermosa voz, aínda que só cantaba na casa, nas reunións familiares.

Fixo os primeiros estudos na Escola parroquial de Santa Maria del Mar, moi preto da súa casa. Aos nove anos ingresou na escolanía da Basílica de Santa Maria del Mar, onde recibiu as súas primeiras leccións de canto.

Traxectoria

Italia

Para dar unha idea da importancia que a época italiana tivo na carreira de Aragall, baste dicir que en practicamente todo o mundo se lle coñece como Giacomo Aragall, co nome de pía italianizado.

Unha carreira irregular

Así describe o crítico musical Juan Ángel Vela del Campo o esforzo que para un Aragall xa maduro supón subir a un escenario[3]:

Requiere también unas dosis de sufrimiento. No disimula el tenor catalán su nerviosismo, la dificultad que supone de estar en el escenario. Su sinceridad en eso es aplastante. Tose entre las canciones, suda impulsivamente, se mueve con torpeza, hace comentarios con el pianista y se lleva la mano continuamente al cuello como si su camisa fuese de varias tallas más pequeñas. Tienen también los recitales de Aragall una componente sicológica. Hay que esperar el instante en que el tenor llega a su plenitud y disfrutarlo a tope, pues en el momento más inesperado el estado de inspiración puede desaparecer.

A voz máis fermosa do século XX

Así respondía a este título o propio Aragall nunha entrevista a unha revista especializada[4]

¿Es verdad que es usted la voz más bella del siglo como dijo Pavarotti? No, no lo creo. Es muy difícil decir cuál es la voz más bella del siglo. Es imposible. Cada voz, creo que tiene sus propias inflexiones, su particular coloratura y unas particularidades diferentes. Pero, decir en un cien por cien que esta o aquella sea la más bella, es muy difícil. Estos son elogios qúe se dicen en momentos precisos y que son muy bellos, pero que no se los ha de tomar al pie de la letra.

Repertorio

O seu repertorio centrouse, sobre todo, na ópera italiana, tanto no romántica como na verista: Verdi, Puccini, Donizetti. Concretamente, el mesmo asegura que as óperas que máis ten representado son Rigoletto, La Bohème e Tosca[5].

Nunca interpretou Wagner porque, como el mesmo dicía, porque creo que mi tipo de voz no pienso que sea para cantar Wagner, y estoy ya muy realizado con el tipo de ópera italiana que canto, o francesa, que creo que es lo mío[5].

Repertorio:

Discografía

Óperas

Ano de gravación Ópera Personaxe Elenco Director Discográfica
1966 I Capuleti e i Montecchi Romeo Margherita Rinaldi,
Luciano Pavarotti,
Nicola Zaccaria,
Walter Monachesi
Claudio Abbado Verona
1976 Don Carlo Don Carlo Freni, Cappuccilli, Cossotto, Ghiaurov, Sotin Nello Santi MYTO Records
1972 Lucia di Lammermoor Sir Edgardo de Ravenswood Poot, Sardinero, O'Leary Argeo Quadri MYTO Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas