Javier Fernández Abruñedo
Bicho | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Javier Fernández Abruñedo | ||
Nacemento | 20 de febreiro de 1996 (28 anos) | ||
Lugar de nacemento | Sada | ||
Altura | 1,73 m. | ||
Posición | Mediapunta | ||
Información de club | |||
Club actual | San Fernando | ||
Número | 20 | ||
Carreira xuvenil | |||
2005–2006 | Rayo Sadense | ||
2006–2013 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2013–2019 | Deportivo B | 65 | (2) |
2013–2019 | Deportivo da Coruña | 6 | (0) |
2014–2015 | → Barcelona B (cedido) | 18 | (0) |
2015 | → Leganés (cedido) | 0 | (0) |
2016 | → Compostela (cedido) | 17 | (3) |
2016–2017 | → Racing de Ferrol (cedido) | 34 | (4) |
2020–2021 | Compostela | 25 | (2) |
2021– | San Fernando | 14 | (1) |
Selección nacional | |||
2012 | España sub-16 | 4 | (0) |
2013 | España sub-17 | 3 | (0) |
2015 | España sub-19 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 27 de novembro de 2021. Selección: actualizado a 29 de xaneiro de 2015.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Javier Fernández Abruñedo, coñecido como Bicho, nado en Sada, A Coruña[1] o 20 de febreiro de 1996,[2] é un futbolista galego. Xoga de mediapunta no San Fernando CD, da Primeira División RFEF.
É curmán do escritor Isaac Xubín.
Traxectoria
Formado no Rayo Sadense, con 11 anos pasou a formar parte das categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Con 16 anos debutou no Deportivo Fabril.
Bicho debutou co primeiro equipo do Deportivo o 17 de agosto de 2013, con Fernando Vázquez como adestrador, xogando os tres últimos minutos do partido gañado por 0-1 contra a UD Las Palmas.[3]
O 14 de xullo de 2014 anunciouse que xogaría dúas tempadas cedido no FC Barcelona B.[4] Con todo, estivo só unha tempada no filial barcelonista, anunciándose o 31 de agosto de 2015 a súa cesión durante unha tempada ao CD Leganés.[5]
Ao non ter contado con ningún minuto na tempada, o 31 de decembro de 2015 fíxose oficial a súa cesión á SD Compostela polo que restaba dela.[6] Na tempada seguinte foi cedido novamente, esta vez ao Racing e Ferrol, onde xogou 34 partidos e anotou catro goles.[7] A continuación xogou dúas tempadas máis no Fabril, aínda que sufrindo varias lesións que o mantiveron de baixa durante meses.[8] Ao remate da tempada 2019/20 o seu contrato no Deportivo non foi renovado.[9]
En xaneiro de 2020 foi presentado como novo xogador da SD Compostela, en Terceira División, na súa segunda etapa no club santiagués.[10] Tras acadar o ascenso foi renovado por unha tempada máis.[11] Disputou un total de 26 partidos co Compostela e anotou dous goles.
A finais de xullo de 2021, o San Fernando CD anunciou a fichaxe do xogador galego para a nova Primeira División RFEF.[12]
Selección nacional
Foi internacional nas categorías sub-16, sub-17 e sub-19 da selección española.
Notas
- ↑ El amanecer de «Bicho»
- ↑ Biografía de Bicho na páxina da LFP
- ↑ Marca.es, ed. (17 de agosto de 2013). "Valerón no puede hacer milagros" (en castelán).
- ↑ FCBarcelona.es, ed. (14 de xullo de 2014). "Javier Fernández llega cedido al Barça B" (en castelán).
- ↑ Deportivo da Coruña, ed. (31 de agosto de 2015). "Bicho, cedido al Leganés. Queijeiro, al Pontevedra" (en castelán).
- ↑ Deportivo da Coruña, ed. (31 de decembro de 2015). "Bicho, cedido a la SD Compostela" (en castelán).
- ↑ "Bicho, cedido al Racing de Ferrol por una temporada". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ Reigosa, M. G. (9 de agosto de 2020). "Bicho confirma su continuidad en el Compostela" (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Bicho: "Me fui a Leganés en el último día de mercado y aquel fue mi gran error"" (en castelán). 12 de setembro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "Bicho fue presentado ayer". DxT Campeón (en castelán). 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ Reigosa, M. G. (9 de agosto de 2020). "Bicho confirma su continuidad en el Compostela". La Voz de Galicia. Consultado o 16 de outubro de 2020.
- ↑ "El San Fernando CD anuncia el fichaje de Bicho" (en castelán). 30 de xullo de 2021. Consultado o 27 de novembro de 2021.