Jean Lucas
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jean Georges Raymond Lucas ![]() 25 de abril de 1917 ![]() Le Mans, Francia ![]() |
Morte | 27 de setembro de 2003 ![]() Saint-Martin-de-Ré, Francia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un ![]() |
Deporte | rally ![]() |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans ![]() |
Jean Lucas nado o 25 de abril de 1917 e finado o 27 de setembro de 2003, foi un piloto de carreiras de Francia. Participou nun Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un, o 11 de setembro de 1955. Lucas era entón o xerente do equipo Gordini, e cando o piloto habitual Robert Manzon non podía competir, decidiu ocupar o seu lugar. Retirou o seu coche cunha falla no motor e non logrou puntos de campionato.
Os mellores resultados de Lucas como piloto foron en carreiras de coches deportivos ao volante dun Ferrari, gañando en Spa-Francorchamps e en Montlhéry en 1949. Retirouse en 1957 logo dun accidente no Gran Premio de Marrocos.
Resultados Completos na Fórmula Un
(Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1955 | Equipe Gordini | Gordini Type 32 | Gordini 8 en liña | ARX | MON | 500 | BEL | NED | GBR | ITA Ret |
NC | 0 |