João Goulart

João Goulart
Presidente do Brasil
Período1 de setembro de 1961
31 de marzo de 1964
AntecesorRanieri Mazzilli
SucesorRanieri Mazzilli
Datos persoais
Nacemento1 de marzo de 1918
 São Borja
Falecemento6 de decembro de 1976
 Mercedes
OrganizaciónPTB
CónxuxeMaria Teresa Fontela Goulart
FillosJoão Vicente Goulart
Alma máterUniversidade Federal do Rio Grande do Sul e Colégio Anchieta
ProfesiónAvogado
Na rede
WikiTree: Marques_Goulart-1 Find a Grave: 48005201 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

João Belchior Marques Goulart, nado o 1 de marzo de 1919 e finado o 6 de decembro de 1976, coñecido popularmente como "Jango", foi un político brasileiro e o 24.º presidente do seu país, de 1961 a 1964. Antes diso, tamén foi o vicepresidente, de 1956 a 1961, sendo elixido con máis votos que o presidente, Juscelino Kubitschek.

Traxectoria

De 18 de xuño de 1953 a 23 de febreiro de 1954, foi ministro de Traballo, Industria e Comercio do segundo goberno de Getúlio Vargas (1951 - 1954), sendo obrigado a renunciar tras conceder un incremento do 100% do salario mínimo, o que causou unha forte reacción entre empresarios e prensa. Presidente nacional do PTB, converteuse no principal nome laboral do país tras o suicidio de Getúlio.

Presidencia do Brasil

Deveu presidente do Brasil despois da renuncia de Jânio Quadros, o 25 de agosto de 1961. Nese día, Jango estaba na China e asumiu a presidencia o presidente do Congreso brasileiro, Ranieri Mazzilli. Durante o seu goberno, o Brasil experimentou a volta do Parlamentarismo, ata un plebiscito o 1964, cando retornou o presidencialismo.

Logo da revolta dos mariñeiros e do discurso no Automóbil Club do Brasil - que representaba unha quebra da xerarquía militar -, o 31 de marzo de 1964 o xeneral Olimpio Mourão Fillo iniciou o desprazamento de tropas de Juiz de Fora (MG) en dirección ao Río de Xaneiro. Este foi o inicio da "Revolución Redentora", forma como ficou coñecido o golpe de estado que derrubou o goberno de João Goulart entre os militares.

O 1 de abril de 1964, Jango volveu a Brasilia e, de alí, para o Rio Grande do Sul. Leonel Brizola, seu cuñado e gobernador do estado, suxeriu un novo movemento de resistencia, pero Goulart non acatar para evitar "derramamento de sangue" (unha guerra civil). Jango exiliouse no Uruguai e na Arxentina, onde morreu en 1976. O día 2 de abril, o Congreso Nacional declarou a vacances de João Goulart no cargo de presidente, entregando o cargo de xefe da nación de novo ao presidente da Cámara dos Deputados Ranieri Mazzilli.

O día 10 de abril, João Goulart tivo os seus dereitos políticos cesados por 10 anos, tras a publicación da Lei Institucional Número Un (AI-1).

Presidente do Brasil

Segue a:
Ranieri Mazzilli
João Goulart
Precede a:
Ranieri Mazzilli
Partido Traballista Brasileiro - PTB