Johann Michael Bach
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de agosto de 1648 Arnstadt, Alemaña |
Morte | 17 de maio de 1694 (45 anos) Gehren, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | compositor, organista, músico, municipal clerk (en) |
Movemento | Música barroca |
Instrumento | Órgano |
Familia | |
Familia | Familia Bach |
Fillos | Friedelena Margaretha Bach, Maria Barbara Bach |
Pais | Heinrich Bach e Eva Hoffmann |
Irmáns | Johann Christoph Bach |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
- Non confundir con Johann Michael Bach (1745–1820)
Johann Michael Bach, nado o 9 de agosto de 1648 en Arnstadt (Schwarzburg-Sondershausen, Sacro Imperio Romano Xermánico) e finado o 17 de maio de 1694 en Gehren, foi un compositor e organista alemán do Barroco. Foi o irmán de Johann Christoph Bach, así como sogro de Johann Sebastian Bach (foi pai de Maria Barbara Bach, a primeira muller de J.S. Bach). Ás veces é chamado o "Bach de Gehren" para diferencialo do "Bach de Wuppertal", Johann Michael Bach (1745–1820).[1][2][3][4]
Traxectoria
- Véxase tamén: Familia Bach.
Johann Michael naceu en Arnstadt, fillo de Heinrich Bach, que era o tío avó de Johann Sebastian Bach. Recibiu a súa educación do seu pai, e posteriormente co Kantor de Arnstadt Jonas de Fletin, de quen tomou o seu interese pola música vocal. En 1665 tomou o relevo do seu irmán como organista na capela do castelo de Arnstadt, e en 1673 converteuse en organista e secretario do concello de Gehren, onde tamén construíu órganos e viviu ata a súa morte.[5]
Obra
A súa obra máis interpretada é o pequeno preludio coral para órgano, In Dulci Jubilo, que durante moitos anos foi atribuído a J. S. Bach, tendo sido incluído no catálogo de obras de Bach co número BWV 751. Outras composicións importantes súas son as cantatas Ach, bleib bei uns, Herr Jesu Christ (para coro, cordas e baixo continuo), Liebster Jesu, hör mein Flehen (para soprano, alto, dous tenores, baixo, cordas e continuo), e Ach, wie sehnlich wart' ich der Zeit (tamén para soprano, cordas e continuo).
- Das Blut Christi
- Ach wie sehnlich wart ich der Zeit
- Auf, lasst uns den Herren loben
- Halt was du hast
- Fürchtet euch nicht
- Sei lieber Tag willkommen
- Ich weiss, dass mein Erlöser lebt
- Herr, ich warte auf dein Heil
- Herr, wenn ich dich nur habe
- Unser Leben währet siebenzig Jahre
Amais de compoñer música, J. M. Bach fabricou instrumentos musicais, entro outros harpsicordios.
Notas
- ↑ Johann Michael Bach, der »Gehrener Bach« (1648-1694), en: Musik und Gottesdienst 1994, 50-57
- ↑ Hai unha referencia problemática para "Johann Michael Bach (1660-1723)"(?) nado en Arnstadt e organista en Gehren, en Allgemeine illustrierte Encyklopädie der Musikgeschichte 1902 ed Hermann Ritter "(Johann Michael Bach, der 1660 in Arnstadt geboren wurde, war Organist und Stadtschreiber in Gehren [Fürstentum Schwarzburg-Sondershausen], wo er 1723 starb" Esto parece ser unha errata, xa que as datas de nacemento e morte non se corresponden co "Bach de Gehren", senón coas de Johann Lorenz Stauber (1660-1723)
- ↑ Provokation und Tradition: Hans-Martin Linde, Regula Rapp - 2000 "Hier bot sich nun endlich die Gelegenheit, Johann Michael Bach (II) als den ,Wuppertaler' Bach vorzustellen, als der er sich für uns inzwischen erwiesen hatte und dessen Kantate wir im Januar 1986 beiseite gelegt hatten. "
- ↑ Hugo Riemann (1849-1919): Leben, Werk und Wirkung Michael Arntz - 1999 "Es gab sogar noch einen weiteren bühnentauglichen Schreiber in der Dynastie, Johann Michael Bach hieß er, ... fand sein Auskommen als Musiklehrer eines Gymnasiums im bergischen Elberfeld, heute Wuppertal, wo er 1820 mit 75 Jahren starb."
- ↑ classicalarchives.com (ed.). "Johann Michael Bach (1648-1694)" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2014.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Johann Michael Bach en bach-cantatas.com
- Biographie und Werkverzeichnis en classicalarchives.com
- Partituras gratuítas de Johann Michael Bach na Choral Public Domain Library (ChoralWiki)