John Garfield

Modelo:BiografíaJohn Garfield

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jacob Garfinkle Editar o valor en Wikidata
4 de marzo de 1913 Editar o valor en Wikidata
Lower East Side, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte21 de maio de 1952 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWestchester Hills Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónTheodore Roosevelt High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeatro e filme Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de teatro, actor de xénero Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1932 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorWarner Bros. Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMaria Ouspenskaya Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FillosDavid Garfield, Julie Garfield Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0002092 Allocine: 227 Allmovie: p187968 TCM: 68623 IBDB: 41788
BNE: XX1167561 Discogs: 2095793 WikiTree: Garfinkle-52 Find a Grave: 382 Editar o valor en Wikidata

Jacob Julius Garfinkle, nado en Nova York o 4 de marzo de 1913 e finado na mesma cidade o 21 de maio de 1952 foi un actor estadounidense, coñecido como John Garfield.

Traxectoria

Naceu nun pequeno piso de Manhattan, fillo de dous inmigrantes rusos xudeus e medrou no Yiddish Theater District.[1] A súa nai nunca se recuperou do embarazo do seu irmán máis novo e morreu cando Garfield tiña sete anos. Os dous irmáns foron vivir con varios parentes, todos eles pobres. Eses anos pasou moito tempo nas rúas.[2]

O seu pai volveu casar e mudouse a West Bronx onde Garfield se uniu a varias bandas, converténdose nun líder. Nesa época a xente descubriu a súa capacidade para a mímica. Foi enviado a unha escola para rapaces difíciles e baixo a guía do director Angelo Patri comezou a asistir a clases coa mestra Margaret O'Ryan, quen descubriu o seu talento natural para a interpretación.

Co apoio de Patri e O’Ryan comezou a actuar en obras de The Heckscher Foundation for Children. Entrou logo no American Laboratory Theater, que introduciu nos Estados Unidos o método de Stanislavsky, onde traballou pintando e construíndo escenarios. Tras un tempo que pasou vagabundeando polo país (Preston Sturges concibiu o filme Sullivan's Travels tras escoitar a historia de Garfield[2]) debutou en Broadway en 1932 e entrou a formar parte do grupo teatral chamado " the Group ".

En 1938 debutou no cinema no filme Four Daughters, de Michael Curtiz, que lle valeu unha candidatura ao Oscar ao mellor actor secundario. O éxito fixo que Warner Bros. ampliase o seu contrato a sete anos. Porén, pouco despois tivo problemas co estudio porque lles esixía guións de calidade e acabou con suspensións, rexeitamento de papeis asignados e sen cobrar.

Durante a segunda guerra mundial tentou entrar no exército, pero foi rexeitado por problemas cardíacos[3] e dedicouse a axudar no país, abrindo, con Bette Davis o Hollywood Canteen, club de comidas e diversión para os militares. Tamén viaxou entretendo as tropas e vendendo bonos de guerra, ademais de protagonizar filmes patrióticos como Destination Tokyo.

En 1946, cando expirou o seu contrato coa Warner, Garfield decidiu non renovalo e crear a súa propia produtora independente, sendo unha das primeiras estrelas en facelo.

Involucrado durante tempo en políticas liberais, foi investigado durante as décadas de 1940 e 1950. Cando foi chamado a declarar polo House Un-American Activities Committee, negouse a dar nomes de membros do partido comunista. Garfield tivo que abandonar o cinema por falta de traballo e volveu a Broadway en 1952.

O 20 de maio, malia os consellos do seu médico xogou varios enérxicos sets ao tenis e saíu cear, sentíndose enfermo de súpeto. Ao día seguinte apareceu morto. Probablemente os seus problemas de corazón foran agravados polo estrés de verse na lista negra.[4] O seu funeral foi o maior na cidade de Nova York desde o de Rodolfo Valentino, con máis de dez mil persoas nas rúas.

Filmografía

  • Four Daughters (1938)
  • Four Wives (1939)
  • Fixéronme un criminal (1939)
  • Blackwell's Island (1939)
  • Juarez (1939)
  • Daughters Courageous (1939)
  • Dust Be My Destiny (1939)
  • Castle on the Hudson (1940)
  • Saturday's Children (1940)
  • Flowing Gold (1940)
  • East of the River (1940)
  • The Sea Wolf (1941)
  • Out of the Fog (1941)
  • Dangerously They Live (1941)
  • Tortilla Flat (1942)
  • Air Force (1943)
  • The Fallen Sparrow (1943)
  • Thank Your Lucky Stars (1943)
  • Destination Tokyo (1943)
  • Between Two Worlds (1944)
  • Hollywood Canteen (1944)
  • Pride of the Marines (1945)
  • The Postman Always Rings Twice (1946)
  • Nobody Lives Forever (1946)
  • Humoresque (1946)
  • Corpo e alma (1947)
  • Gentleman's Agreement (1947)
  • Force of Evil (1948)
  • We Were Strangers (1949)
  • Jigsaw (1949)
  • Under My Skin (1950)
  • The Breaking Point (1950)
  • He Ran All the Way (1951)

Notas

  1. Nott, Robert (2003). Hal Leonard Corporation, ed. He Ran All the Way: The Life of John Garfield. Consultado o 10 de marzo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Swindell, Larry (1975). William Morrow and Company, ed. Body and Soul. Nova York. p. 6. ISBN 0-688-02907-8. 
  3. Nott, Robert (2003). Limelight Editions, ed. He Ran All the Way: The Life of John Garfield. Nova York. ISBN 0-87910-985-8. 
  4. Pechter, W. (Primavera de 1962). "Abraham Polonsky and 'Force of Evil'". Film Quarterly 15 (3): 53. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas