John Latham

John Latham
Nacemento27 de xuño de 1740
Lugar de nacementoEltham, Gran Londres
Falecemento4 de febreiro de 1837
Lugar de falecementoWinchester, Hampshire
SoterradoInglaterra
Nacionalidadeinglesa
Alma máterMerchant Taylors' School
Ocupaciónornitoloxía
FillosAnn Latham
Linguainglés, latín
Coñecido porA General Synopsis of Birds
PremiosMembro da Royal Society, membro da Sociedade Linneana de Londres, membro da Leopoldina
editar datos en Wikidata ]

John Latham, nado o 27 de xuño de 1740 en Eltham, Gran Londres, e finado o 4 de febreiro de 1837 en Winchester, Hampshire, foi un médico, un naturalista especializado en ornitoloxía e un escritor inglés.

Traxectoria

John Latham naceu o 27 de xuño de 1740 en Eltham, no sueste de Londres. Era o fillo máis vello de John Latham, un ciruxián alí establecido,[1] e da súa esposa, unha descendente dos Sothebys, en Yorkshire.[2]

Foi educado na Merchant Taylors' School, e estudou anatomía baixo a dirección de William Hunter. Practicou a medicina durante moitos anos en Dartford. Pronto adquiriu unha considerábel fortuna e, retirándose da práctica en 1796, estableceuse en Romsey, Hampshire. Recibiu o título de doutor (M.D.) en Erlangen en 1795.[1]

Obras

As súas principais obras foron A General Synopsis of Birds e A General History of Birds. Examinou espécimes de aves australianas que chegaron a Inglaterra nos últimos vinte anos do século XVIII, e foi o responsábel de nomear moitas delas. Entre outras, o emú (Dromaius novaehollandiae, a Cacatua galerita, a aguia audaz (Aquila audax), a ave lira soberbia (Menura novaehollandiae) e a pega australiana (Gymnorhina tibicen). Tamén foi o primeiro en describir o guacamayo xacinto (Anodorhynchus hyacinthinus). Por todo iso, Latham foi chamado o "avó" da ornitoloxía australiana.

Abreviatura

A abreviatura Latham emprégase pare recoñecer a John Latham como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

  1. 1,0 1,1 Watkins, Morgan George (1892): "Latham, John (1740–1837)". En Lee, Sidney (ed.) Dictionary of National Biography. 32. Londres: Smith, Elder & Co.
  2. Anónimo (1838–1839). "John Latham, MD, FRS, AS, LS". The Naturalist 4: 26–33. 

Véxase tamén