Jonas Salk
Jonas Salk | |
---|---|
Jonas Edward Salk | |
Datos persoais | |
Nome completo | Jonas Salk |
Nacemento | 28 de outubro de 1914 |
Lugar | Nova York |
Falecemento | 23 de xuño de 1995 (80 anos) |
Lugar | La Jolla (San Diego, Estados Unidos) |
Causa | Insuficiencia cardíaca |
Soterrado | Os Ánxeles |
Residencia | Estados Unidos |
Nacionalidade | estadounidense |
Cónxuxe | Donna Lindsay (1939—1968) Françoise Gilot (1970—1995) |
Fillos | Peter L Salk, Darrell Salk e Jonathan Salk |
Actividade | |
Campo | investigador, médico e virólogo |
Alma máter | Universidade da Cidade de Nova York Universidade de Nova York Universidade de Míchigan |
Director de tese | Thomas Francis, Jr. |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | desenvolvemento da primeira vacina |
Premios | Prêmio Jawaharlal Nehru para Compreensão Internacional, Medalla Presidencial da Liberdade, Humanist of the Year, Prêmio Lasker-DeBakey de Pesquisa Médico-Clínica, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Salón da Fama de California, Distinguished Americans series, Prêmio Robert Koch, Meritorious Civilian Service Award e Howard Taylor Ricketts Award |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jonas Edward Salk, nado en Nova York o 28 de outubro de 1914 e finado no barrio de La Jolla (San Diego) o 23 de xuño de 1995, foi un investigador, médico e virólogo estadounidense, principalmente recoñecido polo seu descubrimento e desenvolvemento da primeira vacina contra a poliomielite segura e efectiva. Na Universidade de Nova York destacou non só pola súa destreza académica, senón porque tamén decidiu realizar investigacións médicas no canto de converterse en médico.
Salk é tamén famoso por desenvolver unha vacina libre de patentes. Cando lle preguntaron nunha entrevista televisiva quen posuía a patente da vacina, Salk respondeu: «Non hai patente. Pódese patentar o sol?».[1][2]
Notas
- ↑ Ansede, Manuel (2022-01-06). "“Los ejecutivos de Pfizer y Moderna deberían ser más altruistas al calcular sus ganancias”". El País (en castelán). Consultado o 2022-01-07.
- ↑ "Lecciones contra el Covid: el coraje de perder 7.000 millones de dólares por negarse a patentar su vacuna". abc (en castelán). 2021-02-23. Consultado o 2022-01-07.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Jonas Salk Trust (en inglés)