Jonathan Sexton

Jonathan Sexton
Nacemento11 de xullo de 1985
Lugar de nacementoDublín
NacionalidadeIrlanda
Alma máterUniversity College Dublin, Kildare Place National School e St Mary's College, Dublin
Ocupaciónxogador de rugby
PremiosXogador Internacional do Ano da IRB
Na rede
Twitter: JohnnySexton Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jonathan Sexton, nado o 11 de xullo de 1985 en Dublín, é un xogador irlandés de rugby que xoga na posición de apertura para a selección irlandesa e o equipo de Leinster Rugby, malia que na súa licenza consta como xogador do equipo afeccionado St Mary's College RFC, no cal comezou a súa carreira deportiva antes de chegar a ser profesional.

A súa chegada ó profesionalismo en 2006 da man do equipo provincial de Leinster Rugby supuxo un impacto no rugby europeo a nivel de clubs, xa que dende entón o equipo de Dublín gañou en 3 ocasión a máxima competición continental, a Heineken Cup, nas tempadas 2008-09, 2010-11 e 2011-12. Na competición de liga axudou a que Leinster Rugby rematase entre os 2 primeiros en 5 das 7 últimas edicións, acadando o campionato na tempada 2007-08.

Na selección irlandesa, coa que debutou en 2009, disputa a posición de apertura co veterán Ronan O'Gara. Malia que cada ano son candidatos a gañar o Torneo das Seis Nacións, en 2010, 2011 e 2012 non foron quen de acadar a vitoria. Na Copa do Mundo de Rugby 2011 quedaron eliminados na rolda de cuartos de final ó seren eliminados pola selección galesa.

Véxase tamén

Ligazóns externas