Joseph Campbell
Joseph Campbell | |
---|---|
Nome completo | Joseph John Campbell |
Nacemento | 26 de marzo de 1904 |
Lugar de nacemento | White Plains |
Falecemento | 30 de outubro de 1987 |
Lugar de falecemento | Honolulu |
Causa | cancro do esófago |
Soterrado | O'ahu Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Canterbury School, Dartmouth College, Universidade de Columbia, Universidade de Columbia, Universidade de París e Universidade de Múnic |
Ocupación | mythologist, tradutor, profesor universitario, escritor, antropólogo, orador, etnólogo, investigador, conferenciante, escritor de contos, ensaísta, mestre, académico, historiador, historiador da religião e participante em documentário |
Cónxuxe | Jean Erdman |
Coñecido por | The Hero with a Thousand Faces, The Masks of God, The Mythic Image, Goddesses: Mysteries of the Feminine Divine, The Inner Reaches of Outer Space, Romance of the Grail. The Magic and Mystery of Arthurian Myth, Thou Art That e The Ecstasy of Being: Mythology and Dance |
Na rede | |
https://www.jcf.org/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joseph Campbell, nado en White Plains o 26 de marzo de 1904 e finado en Honolulú o 30 de outubro de 1987, foi un escritor e mitólogo estadounidense, coñecido pola súa obra sobre mitoloxía e relixión comparada.
Ideas
Tras comparar os mitos en diferentes culturas chegou á conclusión que son a transposición en relato da mesma busca espiritual. Nestas historias, aparece un heroe que funciona como arquetipo e que segue un camiño marcado pola aventura e a apoteose final (monomito). Este camiño amósase tamén nos soños e na ficción, xa que é universal e pertence ao inconsciente colectivo, seguindo a teoría de Jung. Xa que logo o relato particular non é máis ca unha "máscara" cultural e para o estudar ha de se ver que elementos esencias o forman, elementos que están en descrédito no mundo contemporáneo e polo tanto agroman na forma de trastornos mentais ou obras de fantasía.
Os mitos de diferentes culturas comparten mitemas ou elementos comúns, de maneira que son variantes de historias semellantes, que pasan por diferentes fases: no Paleolítico xorden os mitos sobre animais fabulosos, tótems e espíritos ligados á natureza; no Neolítico o foco está na fertilidade e a Nai Natureza, os ciclos naturais e outros fenómenos semellantes; na Idade de Bronce xorden os primeiros panteóns, con deuses especializados en diferentes funcións e mitos derivados e finalmente xorden os mitos que aumentan en abstracción, onde o ser humano tamén xoga un papel relevante.