Južni vetar

Miloš Biković, principal protagonista da serie.

Južni vetar é unha serie de televisión serbia de 2020 emitida pola RTS dende o 19 de xaneiro. Os primeiros catro episodios baséanse no exitoso filme homónimo de 2018, mentres que o resto dos 10 episodios son secuela da trama da película.

Trama

A serie traza un Belgrado contemporáneo a través da visión que dela teñen un grupo que se denomina "medio mundo", os membros dese inframundo contan a verdadeira historia dos fracasos dun home cativo nun ambiente duro. A trama da serie comeza onde rematou a primeira parte da película, é dicir, segue a vida do criminal novo Petra Maraša, detrás das reixas e ao saír en liberdade.

Actores

  • Miloš Biković como Petar Maraš
  • Miodrag Radonjić como Baća
  • Dragan Bjelogrlić/Predrag Manojlović como Dragoslav Car
  • Nebojša Glogovac como Golub
  • Miloš Timotijević como Stupar
  • Srđan Todorović como Jani
  • Jovana Stojiljković como Sofija
  • Hristo Šopov como Dimitar Mitevski
  • Ivajlo Zaharijev como Hristo Mitevski
  • Ljubomir Bandović como Vasilije Đurašinović Vajo

Música

Toda a música da película fíxoa o selo discográfico Basiviti con sede en Belgrado. Para a serie graváronse as seguintes cancións xa presentes no filme:

  • Cobi e Senidah, 4 strane sveta ( canción principal do filme [1] )
  • Mili, Grmi
  • Marlon Brutal e Đus, Mače
  • Cobi e Mili, Južni vetar gas
  • Anđela Veštica e MCN, Grad greha
  • Mikri Maus e Monogamija, Mojne s' nama
  • Surreal, Hollywood [2]

Cancións novas:

  • Jovana Nikolić e Cobi, Pazi se (apertura da serie) [3]
  • Mack Dames e Djokaton, Trabaho
  • Devito, Koka
  • Fox e MCN, Maraš
  • 2Bona, Joker
  • Cobi, Devedesete
  • Teja Dora, Oluja
  • Gazda Paja e Marlon Brutal, Dizel
  • Mili, Južni vetar gas 2

Notas

  1. ""Južni vetar" na 4 strane sveta". Blic. 10 de setembro de 2018. 
  2. "Juzni vetar (2018) Soundtracks". imdb. 
  3. "Jovana Nikolić i Coby snimili pesmu “Pazi se” za seriju “Južni vetar”". antrfile.com. 12 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2020. Consultado o 06 de abril de 2020.