Jules Quicherat

Jules Quicherat
Nome completoÉtienne Julien Joseph Quicherat
Nacemento13 de outubro de 1814
Lugar de nacementoParís
Falecemento8 de abril de 1882
Lugar de falecementoParís
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFrancia
Alma máterÉcole des Chartes e Lycée Louis-le-Grand
Ocupaciónarqueólogo, historiador, escritor, historiador da arte, filólogo e mestre
IrmánsLouis-Marie Quicherat
PremiosOficial da Lexión de Honra, officier d'académie e officier de l’Instruction publique
editar datos en Wikidata ]
Busto de Jules Quicherat na École des chartes

Jules Étienne Joseph Quicherat, nado en París o 13 de outubro de 1814 e finado na mesma cidade o 8 de abril de 1882, foi un historiador e arqueólogo francés, coñecido pola edición do Procès de condamnation et de réhabilitation de Jeanne d'Arc (5 vol., 1841-1849) e por estar considerado un dos pioneiros do estudo da arqueoloxía en Francia.[1] Irmán do latinista Louis Marie Quicherat.

Traxectoria

Estudou no Collège Sainte-Barbe, onde recibiu unha educación clásica, máis tarde escribiu unha historia do centro en tres volumes. En 1835 entrou na École des chartes en 1834, obtendo o título de arquivista paleógrafo, e logo pasou a traballar na Bibliothèque Royale, en 1847 inaugurou un curso de leccións de arqueoloxía na École des chartes, e máis tarde foi designado profesor de arqueoloxía medieval e mais tamén asumiu en 1849 o posto de profesor de diplomática[2] daquela escola, que dirixiu desde 1871 ata a súa morte. Cara ao final da súa vida comezou a transcribir as leccións de arqueoloxía, que se publicaron postumamente.

Obras

  • Procès de condamnation et de réhabilitation de Jeanne d'Arc (5 vol. 1841-1849)
  • Aperçus nouveaux sur l'histoire de Jeanne d'Arc (1850)
  • Thomas Basin (1855-1859)
  • L'Alésia de César rendue à la Franche-Comté (1857)
  • Histoire de sainte Barbe (1860-1864)
  • De la formation française des anciens noms de lieu (1868)
  • Histoire du costume en France (1875)
  • Rodrigue de Villandrando (1879)
  • Mélanges d'archéologie et d'histoire (1885-1886), póstumo.

Notas