Jupiler Pro League
Tipo | liga de fútbol ![]() |
---|---|
Organizador | Pro League (en) ![]() ![]() |
Parte de | Pirâmide do Futebol Belga (pt) ![]() ![]() |
Liga inferior | Belgian First Division B (en) ![]() ![]() ![]() |
Número de participantes | 16 18 16 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Bélxica ![]() |
Vixencia | 1895 – ![]() |
Calendario da tempada | agosto – xuño ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | proleague.be… ![]() |
A Primeira División de Bélxica, oficialmente Jupiler Pro League por motivos de patrocinio, é a máxima categoría da liga de fútbol en Bélxica. Dispútase anualmente desde 1895. O equipo con máis títulos é o RSC Anderlecht, con 33 campionatos nas súas vitrinas.
Competición
Hai 16 equipos na Jupiler Pro League. Durante cada tempada (desde agosto ata abril), cada equipo enfróntase dúas veces co resto, unha vez no seu estadio e outra na dos seus adversarios, nun total de 30 partidos por cada equipo. Ao final dos 30 partidos, procédese a xogar a segunda fase, que se divide en dous partes:
- Os seis primeiros xogan o play-off polo título.
- Do 7º ao 14º lugar xogan un play-off para clasificar a Europa.
No caso do play-off polo título, cada equipo enfróntase dúas veces co resto, completando 10 partidos. Os dous primeiros clasificados xogarán a terceira rolda preliminar da Liga de Campións, mentres que o terceiro xoga a rolda de play-off da Liga Europa. O cuarto clasificado xogará contra o gañador do play-off europeo, por unha pasaxe á Liga Europa, especificamente á terceira rolda preliminar.
Os dous últimos clasificados xogarán un play-off para decidir quen dos dous descende de categoría.
Equipos participantes (2019/20)
Equipo | Cidade | Estadio | Capacidade |
---|---|---|---|
Anderlecht | Anderlecht | Constant Vanden Stock Stadium | 21.500 |
Antwerp | Anveres | Bosuilstadion | 12.975 |
Cercle Brugge | Bruxas | Jan Breydel | 29.042 |
Charleroi | Charleroi | Stade du Pays de Charleroi | 14.000 |
Club Brugge | Bruxas | Jan Breydel | 29.042 |
Eupen | Eupen | Kehrwegstadion | 8.363 |
Genk | Genk | Luminus Arena | 24.956 |
Gent | Gante | Ghelamco Arena | 20.000 |
Kortrijk | Kortrijk | Guldensporen Stadion | 9.399 |
Mechelen | Malinas | AFAS-stadion Achter de Kazerne | 16.700 |
Mouscron | Mouscron | Stade Le Canonnier | 10.571 |
Oostende | Ostend | Versluys Arena | 8.432 |
Sint-Truiden | Sint-Truiden | Stayen | 14.600 |
Standard de Liège | Liexa | Estadio Maurice Dufrasne | 30.023 |
Waasland-Beveren | Beveren | Freethiel Stadion | 8.190 |
Zulte Waregem | Waregem | Ragenboogstadion | 12.500 |
Palmarés
Equipo | Títulos | Tempadas |
---|---|---|
RSC Anderlecht | 1946–47, 1948–49, 1949–50, 1950–51, 1953–54, 1954–55, 1955–56, 1958–59, 1961–62, 1963–64, 1964–65, 1965–66, 1966–67, 1967–68, 1971–72, 1973–74, 1980–81, 1984–85, 1985–86, 1986–87, 1990–91, 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1999–00, 2000–01, 2003–04, 2005–06, 2006–07, 2009–10, 2011–12, 2012–13, 2013–14, 2016–17 | |
Club Brugge KV | 1919–20, 1972–73, 1975–76, 1976–77, 1977–78, 1979–80, 1987–88, 1989–90, 1991–92, 1995–96, 1997–98, 2002–03, 2004–05, 2015–16, 2017–18, 2019–20, 2020–21 | |
Union SG | 1903–04, 1904–05, 1905–06, 1906–07, 1908–09, 1909–10, 1912–13, 1922–23, 1932–33, 1933–34, 1934–35 | |
Standard de Liège | 1957–58, 1960–61, 1962–63, 1968–69, 1969–70, 1970–71, 1981–82, 1982–83, 2007–08, 2008–09 | |
K Beerschot VAC | 1921-22, 1923–24, 1924–25, 1925–26, 1927–28, 1937–38, 1938–39 | |
Racing de Bruxelles | 1896–97, 1899–1900, 1900–01, 1901–02, 1902–03, 1907–08 | |
RFC Liège | 1895–96, 1897–98, 1898–99, 1951–52, 1952–53 | |
Daring de Bruxelles | 1911–12, 1913–14, 1920–21, 1935–36, 1936–37 | |
R Antwerp FC | 1928–29, 1930–31, 1943–44, 1956–57 | |
KV Mechelen | 1942–43, 1945–46, 1947–48, 1988–89 | |
KRC Genk | 1998–99, 2001-02, 2010-11, 2018-19 | |
K Lierse SK | 1931–32, 1941–42, 1959–60, 1996–97 | |
Cercle Brugge KSV | 1910–11, 1926–27, 1929–30 | |
KSK Beveren | 1978–79, 1983–84 | |
KAA Gent | 2014–15 | |
RWD Molenbeek | 1974–75 |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Web oficial da ligaArquivado 19 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en neerlandés)
- Web oficial da Federación belga de fútbol (en inglés)