"Just Say Yes" é unha canción da banda inglesa de rock alternativoThe Cure, editada como sinxelo do seu recompilatorio Greatest Hits o 18 de abril do 2001. Xunto con "Cut Here", tamén lanzada como sinxelo, é unha das novas cancións que aparecen nese recompilatorio.