Jusuf Habibie
Bacharuddin Jusuf Habibie, coñecido como B.J. Habibie, nado o 25 de xuño de 1936 en Pare-Pare (Sulawesi do Sur) e finado en 2019, foi un enxeñeiro, militar e político, presidente de Indonesia entre 1998 e 1999.
Traxectoria
Graduado como Enxeñeiro Aeronáutico na Universidade de Aquisgrán, Alemaña, en 1960; recibiu título de doutoramento en 1965. En 1974 o Presidente Suharto convéncelle de regresar a Indonesia e noméao asesor tecnolóxico da presidencia. En 1978 foi designado Ministro de Tecnoloxía e Investigación, cargo que exerceu durante 20 anos e que o converteu nun dos máis influentes membros do réxime de Suharto.
En marzo de 1998 foi elixido Vicepresidente polo Parlamento, e apenas dous meses despois, tras a renuncia de Suharto converteuse en Presidente, mantendo a mesma liña do réxime. A principios de 1999 emprendeu unha forte reforma política, promovendo o pluralismo e a descentralización do país. Convocado un novo parlamento en outubro de 1999, Habibie perdeu a posibilidade de continuar o seu mandato ante o líder islamita Abdurrahman Wahid.