Königssee

Vista do lago.
St. Bartholomae.

O Königssee (en galego, lago do rei) é un lago localizado no municipio de Schönau am Königssee, no sur do estado de Baviera, en Alemaña. Forma parte do Parque Nacional Berchtesgaden. Ao oeste álzase o monte Watzmann, a tercera montaña máis alta do país.

Historia e características

Ten forma alongada e está arrodeado de altas montañas. Conta cunha profundidade máxima de 190 m, o cal o converte no terceiro lago máis profundo de Alemaña. O seu principal afluente é o lago Ober, ao sueste. O Königsee é rico en troitas. Formouse durante a última glaciación.

O lago contén unha illa rochosa de 1260 m², Christlieger, a 250 m da beira norte.

Diversos pintores paisaxistas retrataron o lago nos seus cadros.

As inmediacións do lago foron un couto de caza dos reis de Baviera.

Véxase tamén

Ligazóns externas