Kamala Surayya
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1934 Punnayurkulam, India (en) |
Morte | 31 de maio de 2009 (75 anos) Pune, India |
Lugar de sepultura | Palayam Juma Masjid (en) |
Relixión | Islam |
Educación | Manipal Academy of Higher Education (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poetisa, autobiógrafa, escritora de contos, escritora |
Xénero artístico | Novela |
Pseudónimo literario | Madhavi Kutty |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Nai | Balamani Amma |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | South Asian Novelists in English: An A-to-Z Guide (en) |
Kamala Surayya (en malaiala: കമല സുറയ്യ), nada como Kamala o 31 de marzo de 1934 e finada o 31 de maio de 2009, foi unha escritora india popularmente coñecida co nome Madhavikutty ou co nome de casada Kamala Das. Foi unha poeta en inglés e un dos principais autores en lingua malaiala de Kerala, India. A súa popularidade en Kerala baséase nas súas historias curtas e na súa autobiografía, mentres que a súa obra en inglés, escrita baixo o nome de Kamala Das, salienta polos seus poemas e pola súa autobiografía explícita. Tamén foi columnista en xornais e escribiu sobre diferentes temas, como a situación das mulleres, o coidado dos nenos ou a política.
O seu tratamento aberto e honesto da sexualidade feminina, libre e sen sentido de culpabilidade, animouna a escribir mais tamén a marcou como unha iconoclast da súa xeración.[1] O 31 de maio de 2009, con 75 anos, morreu nun hospital de Pune.[2]
Traxectoria
Naceu no seo dunha familia hindú conservadora (Nalapat) con devanceiros na realeza. Converteuse ó islam o 11 de decembro de 1999, con 65 anos e adotou o nome de Kamala Surayya.
Obras
Inglés
- Novela
- 1976: Alphabet of Lust
- Autobiografía
- 1976: My Story
- Historias curtas
- 1977: A Doll for the Child Prostitute
- 1992: Padmavati the Harlot and Other Stories
- Poesía
- 1964: The Sirens
- 1965: Summer in Calcutta
- 1967: The Descendants
- 1973: The Old Playhouse and Other Poems (traducido ó galego como "A vella casa de xoguetes e outras historias" por Yolanda López López)
- 1977: The Stranger Time
- 1979: Tonight, This Savage Rite (with Pritish Nandy)
- 1984: Collected Poems
- 1985: The Anamalai Poems
- 1997: Only the Soul Knows How to Sing
- 1999: My Mother At Sixty-six
- 2001: Yaa Allah
Malayalam
- 1964: Pakshiyude Manam (historias curtas)
- 1966: Naricheerukal Parakkumbol (historias curtas)
- 1968: Thanuppu (historia curta)
- 1982: Ente Katha (autobiografía)
- 1987: Balyakala Smaranakal (memorias da infancia)
- 1989: Varshangalkku Mumbu (novela)
- 1990: Palayan (novela)
- 1991: Neypayasam (historia curta)
- 1992: Dayarikkurippukal (novela)
- 1994: Neermathalam Pootha Kalam (novela)
- 1996: Kadal Mayooram (novela curta)
- 1996: Rohini (novela curta)
- 1996: Rathriyude Padavinyasam (novela curta)
- 1996: Aattukattil (historias curtas)
- 1996: Chekkerunna Pakshikal (historias curtas)
- 1998: Nashtapetta Neelambari (historias curtas)
- 2005: Chandana Marangal (novela)
- 2005: Madhavikkuttiyude Unmakkadhakal (historias curtas)
- 2005: Vandikkalakal (novela)
Notas
- ↑ "The Rediff Interview/ Kamala Suraiya". Rediff.com. 19 de xullo de 2000. Consultado o 1 de xuño de 2013.
- ↑ "PM mourns Kamala Das's death, praises her sensitive". Chennai, India: The Hindu. 31 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2009. Consultado o 4 de xuño de 2009.